Outra semaniña máis con todos vosoutr@s, ofrecéndolles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos dándolles a ben-vinda e despois de escoitar a fermosa voz de Madalena Gamalho Farinha, conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que ten como convidado ao CHEF do RESTAURANTE HABANA 83 de Ourense. Saudámolos e conversamos distendidamente sobre a traxectoria dese establecemento gastronómico que segue acadando moitos éxitos, non só pola súa atención e relación calidade-precio, senón tamén porque esmérase na oferta de grandes e exquisitos pratos de tempada e con productos da zona. Felicitamos a Antonio Simoes de Dios, que nos atende amablemente, por ter acado ese gorro blanco de Radio Turismo que lle concederon nese grande Salón Internacional Gastronómico de Ourense XANTAR. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexámoslle que sigan colleitando éxitos.
Continuamos escoitando máis música e conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que nos ten preparada a intervención dunha coñecida nosa LOLI BELOSO NEIRA. Están en Tomeza, para presentar precisamente o libro de Loli que se titula ALEX COS NENOS. Unha obra altruista e solidaria, xa que o que se recade na venta destes libros irá expresamente para os nenos de Nicaragua.
A seguinte comunicación é coa nosa correspondente FERNANDA FOLLANA NEIRA, que dende Os Ancares sempre nos fai unha crónica dalgunha cousa interesante e moi ben documentada. Agradecémoslle a súa colaboración neste noso programa.
Tentamos ofrecerlles algo interesante no aspecto creativo e moi axeitado ao momento no que estamos, xa que acaba de pasar por Galicia a "Borrasca Miguel" e unha das nosas admiradas poetas, Nieves Fernández Vidueira, enviounos un poema relacionado con el e polo tanto atrevémonos a lelo para todos vostedes. Desculpen se non lle dou a entonación que merece.
Agora recollemos e damos información de varias noticias que nos chegan á Redacción, moi interesantes: A concesión das Medallas Castelao, que este ano son totalmente femininas, a Festa Galega de Can Mercader, prevista para os días 21, 22 e 23 de xuño...
Escoitamos outro bocadiño de música e voltamos a informar de máis novidades en Galicia, como é a celebración este venres pasado da "VII Edición de NO BICO UN CANTAR", organizado polo Consello da Cultura Galega, na localidade raiana de TUI. Tamén detallamos algunha que outra noticia máis, relacionada con Galicia, claro. E cunha peza musical do grupo Malvela, que fai tempo non escoitabamos, despedímonos de toda a audiencia e seguidores ate a vindeira semana.
Que Sexan moi Felices e agardámosvos o próximo sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario