domingo, 2 de xuño de 2019

Sábado 01 de San XOAN do 2019

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos dándolle as grazas ao noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández, pola súa visita nos estudos e saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois de escoitar unhas notiñas musicais poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa LImia, Xosé Lamela Bautista, que sempre ten un personaxe importante para entrevistar e conversar sobre asuntos interesantes.
Nesta ocasión falamos con Cristian Oliveira Brito, un dos responsables da edición do xornal de Entrimo "O PICARAÑO", que xa vai polo seu segundo número. Felicitámolo e congratulámonos pola boa acollida que está a ter esta publicación que ven a representar a reedición dun xornal que se publicaba alá polos anos de 1909... Seguen con forza con esta publicación tan interesante que recolle unha morea de importantes comunicacións. Agradecémoslle a súa participación e as informacións tan detalladas, así como a noticia da recente publicación e presentación do libro CD "Sindo de Olelas". 



Falamos agora con Oliver Fernández, da vindeira "Festa Galega de Can Mercader" prevista para os días 21, 22 e 23 de XUÑO coa actuación estelar de ANXO LORENZO e as "ROSALIEIRAS" o primeiro día na "Noite Celta", que xa leva tres anos celebrándose. Pormenorízanos as diferentes actuacións e actos previstos aos que nos convida a tódolos oíntes e seguidores, para disfrutar non só da música senón tamén da gastronomía de grande calidade que se pode degustar no recinto. Tamén aproveitamos para falar co noso amigo e colaborador esporádico MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, que foi o primeiro Director deste programa que hoxe levamos adiante.



Despois conectamos con Galicia para que a nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, nos faga a súa crónica semanal relacionada con aquel entorno e outras novas escollidas.


E hoxe temos a honra de "recibir" e falar coa nosa grande amiga MERCEDES TARACIDO, que nos fala dende Suiza, grazas a colaboración do seu propio marido don MÁXIMO FELIPE BENÍTEZ. Unha conversa, casi entrevista, relacionada coa escrita do seu libro "Por Camiños e Carreiros", e as súas vivencias de infancia. Foi un placer poder conversar con esta galega que admiramos pola súa creatividade e comunicación tan afable. Como xa temos o seu contacto seguiremos falando con ela en próximas ocasións. Algo xa nos ten adiantado a súa prologuista Raquel da Venta, con quen falamos en emisións anteriores.


E por último atrévome a lervos unha das ultimas poesías da nosa Poeta-Pastora Nieves Fernández Vidueira, que se titula "Mañanciña de San Xoan", moi axeitada polo recente mes que acabamos de encetar... 



Despedímonos ate o vindeiro sábado. 
¡Que teñan unha feliz semana!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...