sábado, 4 de maio de 2019

SÁBADO 04 de MAIO do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros, no que tentamos ofrecervos novidades, entrevistas e música e que desexamos sexan do voso interese. A primeira comunicación é con CARLOS JULIO GONZÁLEZ, un mozo Quirogués de 16 anos que ven realizando unha labor de informador-periodista como afeccionado pero con moita dedicación e seriedade, precisamente na comarca de Quiroga e leva adiante a súa páxina DIARIO DE QUIROGA, moi aprezada polos veciños e por moitas persoas que se achegan a coñecer algo máis daquela contorna. Agradecémoslle a súa amable atención e non descartamos a posibilidade de que participe con nosoutros nalgunha sección do noso programa. 

Aproveitamos uns minutiños para sacar da presentación á nosa periodista LAURA SANTOS, que está no Parque Europa de Santa Coloma de Gramanet, disfrutar do terceiro día de Festa Galega que organiza Airiños da Nosa Galicia con motivo do seu 36 cumpleanos. ¡Parabens e graciñas por atendernos! os galegos ofrecen a súa cultura musical e gastronómica nese parque emblemático que xa é unha tradición na cidade, e que rematará o día 5 con queimada popular gratuita.

Continuamos e poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a intervención dun coñecido e colaborador da nosa radio: don ASER ALVAREZ GONZÁLEZ, Director executivo de Arraianos Producions e grande coñecedor da Baixa Limia. Aproveitamos para darlle os nosos parabens, por ter acadado o "Premio de Xornalismo Johan Carballeira", que lle entrega o Concello de Bueu, cun Texto sobre Mendez Ferrin, cuxo título é "Ferrín e a poesía do circo". Explícanos cómo se desenvolveu este traballo arredor de Méndez Ferrín, a poesía e o circo, que conta coa participación de Quico Cadaval, dous arraianos de pro. Agradecémoslle a súa atención e lamentamos non poder contar coa participación de Xosé por mor da mala comunicación telefónica que hoxe non foi a axeitada.

Continuamos e conectamos coas Rías Baixas, para que nos informe dalgún dos moitos eventos que se están a celebrar en Pontevedra. Concretamente un deles é relevante porque no Triatlón Internacional dous galegos Javier Gómez Noia e Pablo Dapena -primeiro e segundo- e no apartado feminino Judith Corachán e Anna Noguera foron prata e bronce. Agradecémoslle a súa aportación.

Atrevémonos a ler unha das creacións poéticas da nosa amiga "poeta pastora" Nieves Ferdz.Vidueira, que se titula: Cando o que miras fala. Unha verdeira descrición da fotografía coa que ilustra o seu poema, e que nos tentamos darlle a entonación correspondente para disfrute de todos...

A vindeira semana máis. non deixen de sintonizarnos. Aquí estaremos.¡Grazas!


Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...