domingo, 28 de abril de 2019

Sábado 27 de ABRIL do 2019

Unha semaniña máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar a "Grándola Vila Morena", para conmemorar a "Revolución dos Cravos", dese 25 de Abril. Esa música sérvenos para saudar e recibir ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista que ten como convidado para a primeira intervención a Lino Perdiz, membro de PLABALI e grande coñecedor da zona. Fálannos das moitas oportunidades que se deberían aproveitar para aumentar os recursos da zona e poder disfrutar das moitas melloras que se precisan naquela contorna. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e despedímonos ate a vindeira emisión.


Continuamos o programa dando coñecemento de varias novidades e informacións recibidas na Redacción da nosa Radio, como é a próxima visita de Iolanda Zúñiga á Universidade de Barcelona, prevista para o día 30 de Abril ás 9:30 horas...


A segunda hora comezámola coa intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que ten como convidado a Joao Afonso, sobriño do finado Zeca Afonso. Unha entrevista chea de novidades relacionadas coa creatividade musical deste grande cantautor mozambiqueño.



Despois conectamos con Ubaldo Pérez, do Restaurante Los Ancares, na rúa Robrenyo de Barcelona, que nos pon ao corrente da próxima celebración da "Festa Gastronómica da Primavera" prevista para o día 12 de maio próximo. Agradecémoslle a súa información detallada.



Antes de finalizar falamos co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha intervención interesante e remata agasallándonos coa recitación dunha das súas creacións poéticas.



A vindeira semana máis. Que pasen unha feliz semana !!!

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...