Outro programa con todos vostedes. Comezou a emisión con Armando Fernández nos estudos, e disculpando a presencia de Xulio por mor de certas obrigas personais. Despois das salutacións pertinentes comunícase con Xosé Lamela Bautista, o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao convidado de hoxe o Sr.Alcalde de Entrimo don Ramón Alonso López, para falar de aspectos relacionados coa proposta de homenaxe a un ilustre personaxe da localidade e dun libro recentemente publicado, así como doutros interesantes aspectos da zona.
Despois falamos con Domingo González Lorenzo, CHEF-Cociñeiro do Hotel-Balneario de Lobios e Presidente de varios Tecores de Caza da Serra do Xurés, ademais de varias comunidades de montes da mesma zona. Falamos da "VII Festa da CAZA do Xurés", das Formativas e Gastronómicas de Caldaria-Lobios... Unha conversa que se ve enriquecida pola grande aportación profesional de Domingo amosándonos o seu bon quefacer no aspecto gastronómico e experto coñecedor da fauna dese entorno fermosísimo que é a Serra do Xurés.
A seguinte intervención é a da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa paarticipación con varias informacións moi precisas e interesantes.
E para finalizar comunicámonos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha intervención axeitada e enriquecedora, non só polo seu verbo, senón tamén pola súa creatividade poética, coa que nos agasalla con asiduidade declamando algunha delas.
Despedímonos ate o vindeiro sábado. Que sexan felices!!!