Un programa máis con todos vosoutros. Comeza a emisión ARMANDO FERNÁNDEZ, que hoxe atópase "sosiño" nos estudos, xa que un serividor está de viaxe coa familia. Despois das salutacións de rigor e escoitando un bocadiño de música conecta con XOSÉ LAMELA BAUTISTA, que ten como convidado a don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, asiduo colaborador do noso programa e un Cociñeiro de grande renome naquela contorna. Fálannos da "VII Festa da Caza do Xurés", que se celebrará nestas datas de Semana Santa. Desexámoslle moitos éxitos.
A segunda comunicación é co 4º Tenente de Alcalde de TUI, Concelleiro de Cultura, Patrimonio, Medio Ambiente e Deportes don EDUARDO FREIRÍA MARTÍNEZ, que moi amablemente nos atende para poñernos ao corrente da "Festa do MEIXÓN", que se celebra dende o 6 ao 29 de Abril. Unha recuperación desa ancestral forma de pescar e degustar o "Meixón", que non se debe confundir co mexilón, xa que así se chama á "ANGULA" nesta zona fronteiriza de Galicia e Portugal, na desembocadura do río Miño. Agradecémoslle a súa cumprida información e comprometémonos voltar a falar con don Eduardo en vindeiras datas para que nos axude a coñecer algo máis dese lugar tan feiticeiro e que tantas e boas cousas nos ofrece aos galegos e visitantes.
Continuamos o programa conectando con SUSO DÍAZ, amigo e poeta galego a quen felicitamos e enviámoslle os nosos parabens pola recente publicación do seu ultimo poemario adicado ao "Couto Mixto", que leva por título: "A utopía que diluíu o vento". Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexámoslle moitos éxitos con esa publicación.
A seguinte entrevista é co Sr.Presidente do "COXGA, Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia", don OSCAR RODRÍGUEZ BLANCO, que tamén é propietario da xoieria Oscar de Viveiro. Fálanos da "IIº Congreso da Xoiería de Galicia", que se celebrou en Santiago de Compostela o día 6 de Abril. Contou cunha asistencia moi numerosa, máis dun cento de xoieiros e profesionais do sector asistiron a ese grande evento no MUPEGA, onde se trataron unha morea de temas entre os que destacaron o Comercio e o Futuro da xoiería. Sempre contamos coa atención de don Oscar e agradecémoslle moi encarecidamente a súa amabilidade.
Despois da entrevista ao Sr. Presidente do Coxga, Armando fai unha pequena intervención e despídese ate o vindeiro programa no que desexamos contar con todos vosoutros outra vez.
Despois da entrevista ao Sr. Presidente do Coxga, Armando fai unha pequena intervención e despídese ate o vindeiro programa no que desexamos contar con todos vosoutros outra vez.
Desexámoslle que pasen unhas felices Festas de Semana Santa.
Comentarios