Comezamos outro programa máis ofrecéndolles unha peza da cantautora MARÍA DO CEO, para conectar con Galicia e recibir ao noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a participación de don ANTONIO PIÑEIRO FEIJOO, asíduo colaborador e escritor no Xornal "La Región" de Ourense, grande dinamizador cultural, responsable e Padrón en varias Fundacións galegas, como a de Curros Enríquez... Mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e prometémonos voltar a conectar con eles para seguir recibindo informacións e novidades.
Seguidamente escoitamos unha peza musical, concretamente REXURDIMENTE, que acaban de poñer no "youtube" as "De VACAS", un Grupo musical moi interesante e cos que tiñamos moitas ganas de falar. Chamamos a Paula, unha das compoñentes, que nos atende moi amablemante e danos cumprida información da súa creación e traxectoria musical. Desexámoslles moitos éxitos. En vindeiras datas tentaremos voltar a comunicarnos con elas para que nos sigan dando noticias dos seus concertos e da súa interesantísima traxectoria musical. Agradecémoslle a súa participación tan amable.
A segunda hora, como cada semana comeza coa conexión con XULIO SIMÓN RÚA, que dende as Rías Baixas sempre ten preparada a súa participación con interesantes aportacións.
Nesta ocasión ten como convidada a Loli Beloso Neira, con quen xa temos falado noutras ocasións, pero neste caso queremos felicitala pola publicación do libro: ISAAC DIAZ PARDO e FERNANDO ARRANZ. Fálanos deste traballo que ten moito que ver coa visibilización deste grande ceramista Fernando Arranz. O recedado pola venta deste libro seguirá entregándoo para a investigación do Cancro. ¡Moitas grazas Loli!
Falamos agora coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que den A Fonsagrada fainos a súa crónica semanal referida ás actividades que está axudando a realizar nesa fermosa localidade luguesa.
Aínda temos a participación de TAMARA ANDRÉS, coa súa sección "No Estrelampar", que a recibimos mediante unha gravación que nos envióu, pero que está chea de información cultural, como ven sendo habitual na súa aportación de sempre. ¡Graciñas, Tamara!
E despedímonos ate a vindeira semana, que teremos a Conferencia da nosa amiga Miriam Ferradáns, sobre "As Mulleres da Conserva galega". Esperamos poder conversar con ela próximamente...
Ningún comentario:
Publicar un comentario