sábado, 2 de marzo de 2019

2 de MARZO do 2019

Un programiña máis con todos vosoutros, tentando pasar dúas horiñas de radio en galego, con novedades musicais, entrevistas e conversa entretidas... Precisamente falando de música ofrecémoslle a escoita dunha peciña musical do último CD das "Tanxugueiras". Despois das salutacións conectamos coa Baixa Limia para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA nos presente á convidada doutora dona PATRICIA PAZOS CRESPO, médico rural en Lobios. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante, relacionada con esa profisión tan importante naquelas zonas tan pouco poboadas. Agradecémoslle a súa amable atencion e comentamos a posibilidade de continuar a nosa conversa en vindeiras ocasions, para seguir falando doutros aspectos arraigados no tradicional galego.

A segunda intervención é a de dona CARMEN PICHEL, a nosa amiga costureira de grande prestixio, afincada en Lestedo, que nos fala da "XXXVI Festa da Filloa da Pedra de Lestedo, en Boqueixón". Danos unha ampla e cumprida información desta Festa de Galicia declarada de Interese Nacional.  Tamén nos informa, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores do seguinte: A presentación do 1º traxe de muller para unha Xenerala do Encontro de "Xenerais do Ulla", que terán unha actuación importante na celebración da mencionada Festa da Filloa de Lestedo o día 10 de marzo vindeiro. Desexámoslles moitos éxitos e agradecémoslle a súa fantástica colaboración.

Despois falamos con don MANUEL MANDIANES CASTRO, Antropólogo, doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais, Socioloxía e Teoloxía. Científico titular do CSIC, e escritor. Saudámolo e felicitámolo polo artigo recentemente publicado na prensa galega (na Voz de Galicia) e así aproveitamos para que nos fale do Entroido que se celebra no "Triàngulo máxico do Entroido Ourensán -Laza, Xinzo, Verín-" que ten unhas raíces ancestrais impresionantes. Tamén nos comenta un bocadiño do seu último libro: "En Blanco", que seguro virá a presentar próximamente a Cornellà. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe no noso programa e suxerímoslle voltar a conectar con el para seguir comentando moitas das súas reflexións e comentarios.

Despois de escoitar outra peza do último CD das Tanxugueiras, detémonos comentado varias informacións que nos chegan á nosa Redacción. E despedímonos ate a vindeira semana.

Que disfruten e non se esquezan de voltar a conectarse con nosoutros. ¡Que sexan felices!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...