Un programa máis con todos vosoutros. Comezamos ofrecéndolles unha peza musical para comunicar directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista. Nesta ocasión mantemos unha conversa-entrevista chea de coñecementos e ensino que lle agradecemos moito e despedímolo ate a vindeira semana. ¡Moitas grazas pola túa colaboración semanal, Xosé!
A segunda intervención é a de Daniel Bellón, un grande da nosa música galega. Profesor e virtuoso da Gaita, que tamén toca outros instrumentos. Fálanos da súa traxectoria profesional e das creacións e próximas novidades que están a preparar. Tamén nos pon en antecedentes desa Escola Bellón-Maceiras de Fene, que conta con moitísimos alumnos que están a darlle moitas satisfaccións.
A segunda hora comeza coa conexión co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que nos presenta ao Catedrático don Xesús Alonso Montero, cos que mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e anécdotas moi interesantes. Agradecémoslles a súa intervención de hoxe.
Despois falamos co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, a quen felicitamos e dámoslle os nosos parabens polo pequeno video co que nos agasallou, e que tódolos nosos oíntes e seguidores poden disfrutar e contemplar na páxina de vimeo.
Aproveitando que estamos a celebrar a semana da poesia atrevémonos a recitar a poesía da nosa poeta pastora Nieves Fernández Vidueira, que seguro será do agrado de tódolos nosos oíntes.
Xa nos despedimos ate a vindeira semana. ¡Disfruten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario