sábado, 5 de maio de 2018

SÁBADO 5 DE MAIO DO 2018

Un sábado máis con todos vosoutros para tentar ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Xa sabedes que podedes escoitarnos e "vernos" en directo no seguinte enderezo de facebook: "Semprengalicia". A primeira comunicación é coa Baixa Limia, para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos ten preparada a participación de don LUÍS GARCÍA MAÑÁ. Falamos en primeiro lugar do seu libro: Por que as sombras non teñen ollos. E despois continuamos a conversa-entrevista comentando outras cousas moi interesantes.

A segunda intervención é a dese grande escritor, profesor e crítico literariio ARMANDO REQUEIXO, que nos fala dese acontecemento, un acto que se está a celebrar no Pazo de San Roque en Compostela, tan interesante adicado a María Victoria, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano, e do que nos fai partícipes. Graciñas Armando.

Despois conectamos con don XOSE LUIS AXEITOS, a quen felicitamos públicamente por ter acadado o premio "Losada Diéguez" polo seu traballo sobre a figura de Manuel Antonio. Falamos deso e da recente publicación do 2º número da revista Follas Novas da Fundación Rosalía de Castro.

E no final do programa conectamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unha visión moi especial das "súas cousas" galegas do momento. Tamén nos agasalla cuns "haikús" da súa autoría, que lle agradecemos.

A vindeira semana máis. Desexamos que sexan moi felices e ate o vindiero sábado.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...