sábado, 12 de maio de 2018

SÁBADO 12 de MAIO do 2018

Comezamos un programiña máis con todos vostedes dándolles a ben-vida e desexando pasen connosco dúas horiñas de radio en galego, entretidas e interesantes.
Aquí podedes escoitar o programa en directo, e vernos nos estudos: "Semprengalicia"
A primeira comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, don Xosé Lamela Bautista que nesta ocasión tennos preparada a intervención, como convidado a don FRANCISCO JOSÉ FRAGA CIVEIRA, portavoz da oposición na Deputación de Ourense. Comezamos falando da Demografía e repasamos varios aspectos da situación social e actual naquelas contornas. Agradecémoslles a súa aportación na emisión de hoxe, e prometémonos voltar a comunicarnos, en vindeiras datas, para que nos sigan informando e ilustrando sobre tantas cousas interesantes.


A segunda intervención é a da nosa moi estimada colaboradora TAMARA ANDRÉS, que se encarga da sección "No ESTRELAMPAR". Felicitámola pola laboura que está a facer nese "Combarro Literarios" e outras actuacións tan interesantes. Fálanos da presentación na Libraría Paz, do Concerto con Oscar Ibáñez no Auditoria de Arousa, dos Camiños da Lingua por Vilaboa, da Festa do Melindre en Melide... e moitas cousas máis. ¡Moitas grazas!


Despois poñémonos en contacto co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos presenta ao convidado desta semana don ELADIO RODRÍGUEZ, da Adega "Arco da Vella", en Beade, da D.O. Ribeiro. Coméntanos moitas cousas relacionadas cos seus viños e coa cultura.


A seguir, despois de escoitar un bocadiño de música, falamos con don ANTONIO RODRÍGUEZ, Presidente da "Irmandade Galega O Noso Lar de Terrassa", que están de celebración, nada menos que a "36 Festa Galega en Terrassa". Aproveita para convidar aos nosos oíntes e seguidores.


Tamén nos poñemos en contacto con dona AMELIA, Presidenta de "AGARIMOS" de Badalona, que nos fala dende Lleida, onde se atopa o Grupo de Baile e Gaitas actuando para o Centro Galego, que están de Festa Major, e salvando as inclemencias do tempo coméntanos da grande admiración e espectación que desperta a oferta musical galega que ofreceron. Tamén nos indica que estemos preparados e convídanos para asistir á Festa anual que celebrarán a vindeira fin de semana do 26 e 27 de MAIO en Badalona, que ademais será presentada polo noso compañeiro Armando Fernández. Despedímola e tamén nos despedimos nós de todos vostedes, ate a vindeira semana. ¡Sexan Felices!

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...