Outra emisión con todos vostedes tentando levar adiante este programiña de dúas horas en galego. Hoxe dámoslle a ben-vida a MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, que nos honra coa súa compaña. Despois dos saúdos pertinentes conectamos con Galicia para falarmos con don MODESTO LUÍS GÓMEZ, que nos comenta parte da súa traxectoria e da súa publicación "32 Grados. Objetivo: Emprender". Descríbenos un chisco de qué vai ese traballo e agradecémoslle a súa participación no noso programa.
A segunda intervención é a de LAURA SANTOS, compoñente do noso equipo, que hoxe fainos de correspondente e infórmanos dos diversos actos que realizaron e que teñen previsto realizar na Asociación Cultural Galega "Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet". Para a vindeira semana do 4, 5 e 6 de Maio Festa do 35 Aniversario da Entidade. Agradecémoslle a súa comunicación e convite para que asistamos a ese grande acontecemento.
Despois de escoitar un chisco de música, conectamos novamente con Galicia para falar con RODRIGO ROMANÍ, Grande Mestre, Profesor de Música e varios instrumentos, e Director responsable da E-TRAD de Vigo, que ven de presentar o seu ultimo CD, que leva por título "FIOS DE OURO NO AR". Agradecémoslle que nos informara deste traballo tan interesante e que pronto lle ofreceremos á nosa audiencia.
Na segunda hora sempre temos o pracer de conversar co noso correspondente XULIO SIMÓN RÚA, que hoxe tennos preparada a participación de don XULIO NOIA LISTE, un dos responsables da celebración e "Festa do Banquete de Conxo". Unha verdadeira clase maxistral relacionada coa nosa historia de Galicia. ¡Gracias a estes dous Xulios que nos fixeron aprender moitas cousas importantes!
Antes de finalizar aproveitamos para comentar algunhas cousas co noso acompañante de hoxe, MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, co que compartimos estas dúas horas de emisión e aproveitamos para que nos comente algunha cousas sobre o "Teatro" na Entidade.
E para reamtar o programa de hoxe conectamos novamente con Galicia para manteer unha pequeniña conversa co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS que sempre ten unha lectura moi feiticeira coa que nos agasalla o final da súa intervención.
Desexamos que teñan unha feliz semana e que sigan sintonizándonos. Ate o vindeiro sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario