sábado, 19 de maio de 2018

SÁBADO 19 de MAIO do 2018

Unha semaniña máis con todos vostedes. Hoxe temos a visita de Manoel Carrete, que ven acompañado de moitos amigos. Agradecémoslle a súa amable atención. Como cada semana aquí vos deixamos o "link" para que poidades vernos e escoitarnos en directo: https://www.facebook.com/SemprenGalicia/videos/1697283797017813/ Conectamos con Galicia para falarmos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos ten preparada a participación de don MARCOS MACEIRA, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que nos falan da celebración da "Letras Galegas en Santiago" e doutras reivindicacións arredor da nosa lingua galega. Xulio remata a súa intervención cunha pequena alusión a María Victoria Moreno, homenaxeada das Letras este ano.

Aproveitamos a presenza de MANOEL CARRETE nos estudos e agradecémoslle a súa presencia a sí como a súa participación neste noso programa. Fálanos da súa presenza na celebración das Letras Galegas no Saló de Cent, preséntanos á Secretaria da Federación das Entidades Galegas en Cataluña, dona Marisol Pérez Estévez, e comentamos algunhas cousas máis con algún dos asistentes. Despedímolos con música e unha forte aperta.

A segunda conexión é coa Baixa Limia, onde se atopa o noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao seu convidado don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "Chef" no Restaurante do Hotel-Balneario de Lobios-Caldaria. Unha conversa-entrevista chea de importantes propostas e ideas para desenvolver e traballar a prol do Parque Natural do Xurés, coas que están traballando nas diferentes asociacións e Comunidades de Montes (Reserva Mundial da Biosfera Xurés-Gerés). Agradecémoslle a súa amable atención.

Despois falamos con ALEX PERNAS, que acaba de publicar a súa primeira novela XARFAS, da que nos fai unha pequena semblanza e indícanos cómo poder adquirila (en Amazón) ou baixala de internet, nunha páxina que se pode consultar no seu propio facebook ou en luscofusco.gal. Desexámoslle moitos éxitos.

Antes de despedirnos atrevémonos a ler unha das últimas poesías que publicou NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, como pequeno agasallo final das Letras deste ano. 

E despedímonos de todos vosoutros, escoitantes e seguidores, ate a vindeira semana, que prometemos voltar outra vez con máis novidades e máis música. ¡Sexan Felicies!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...