Comezamos un programa máis, de dúas horiñas de radio en galego, dándolles a benvida e desexando que sexa agradable para todos vostedes. Escoitamos unha peza do ultimo CD de XABIER Díaz e Adufeiras de Salitre: NORÓ, para comunicarnos inmediatamente co noso correspondente na Baixa Limia XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio que ten como combidado hoxe: don SERXIO SILVA BAUTISTA, Biólogo e investigador na Estación de Hidrobiolóxia "Encoro de Con", da Universidade de Santiago de Compostela. Mantemos unha conversa chea de información, moi interesante, que se converte en clases específicas sobre especies singulares e moi especialmente relacionadas co Pai Miño. Agradecémoslle a súa aportación. Podedes escoitar e ver, en directo o noso programa neste enlace: "Semprengalicia"
Seguimos o programa tentando ofrecerlles unha pequena mostra do traballo de XABIER Díaz e Adufeiras de Salitre, que nos chegou á Redacción e propoñemonos escoitar e disfrutar cos nosos oíntes e seguidores. Agardamos que sexan do seu agrado.
A seguinte conversa é con don HORACIO GIL, Alcalde do Excmo.Concello de ARBO, que están a piques de celebrar a LVIII FESTA da LAMPREA, para que nos poña ao corrente das diferentes actividades e pormenorizanos, un pouco polo miúdo algunhas das couss que se poderán disfrutar os días 27, 28 e 29 de Abril próximos, si se achegan a esa capital da lamprea, que é Arbo.
Na segunda hora, conectamos co noso correspondente nas RÍAS BAIXAS, XULIO SIMÓN RÚA, que nos ten preparada a participación de don FERNANDO BELLO, que imparte clases de Horticultura Ecolóxica. Un grande Profesor ao que escoitamos con moita atención para aprender das moitas suxerencias e ensinos relacionados coa boa práctica da horticultura. Prometémonos voltar a conectar con el e seguir aprendendo das súas clases prácticas. E despedímonos ate a vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario