sábado, 14 de abril de 2018

SÁBADO 14 de ABRIL do 2018

Comezamos a emisión dándolles a benvida e saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores, en especial aqueles que nos envían as súas salutacións mediante Internet, concretamente dende Avellaneda (Bos aires) e tamén dende Suiza. ¡Grazas por escoitarnos e seguirnos. Xa saben que nos poden escoitar e ver en directo neste enderezo: "SEMPRENGALICIA". A primeira comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia XOSÉ LAMELA, que nos ten preparada a intervención de don DAVID PÈREZ, Arqueólogo e gran coñecedor daquela zona. Falamos da próxima inversión dunha certa cantidade importante de €uros (1.000.000 de €uros) para amañar o entorno da capela visigótica de Santa Comba de Bande, así como doutros aspectos interesantes que se deberían poñer en valor.

Damos cumprida información dun acto a realizar na UAB prevista para do día 24 de Abril: Con motivo da celebración do Sant Jordi, os estudos de galego e vasco da Universitat Autònoma de Barcelona(UAB) organizamos un encontro, a xeito de conversa distendida, entre Suso de Toro, escritor galego de longa e recoñecida traxectoria, e o autor vasco Iban Zaldua. Será o martes 24 de abril, ás 13hna Sala Teatre da UAB (Plaça Cívica, Bellaterra, Cerdanyola del Vallès). 

Falamos con don Oliver Fernández, Presidente da A.C.G. Rosalía de Castro, que con motivo da celebración da "Festa do Polbo" que tiñan prevista para esta fin de semana, tivo que suspenderse debido ás inclemencias do tempo, e aplazouse. Informarase con detenemento en vindeiras datas. Aproveitou para informarnos de diversas actividades e actuacións e adiantaounos as previsións para a "Festa Galega de Can Mercader" os días 1, 2 e 3 de xuño, no que destacou a actuación de Susana Seivane.

Despois conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro. XULIO Simón preséntanos a don FRANCISCO PAZOS MARTÍNEZ, Escultor nado en Cobas (Meaño). Conversamos con eles e así sabemos algo máis deste grande artista modelador da pedra, da madeira e do metal, cunha grande producción e creación artística.

Agradecémosvos a vosa atención e desexamos que sigades escoitándonos. Ate a vindeira semana.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...