
A segunda conversa é con dona SILVIA PARDO, resposanble de comunicación de XANTAR - "19 Salón Internacional de Turismo Gastronómico" de Ourense, previsto para os días 31 de xaneiro, 1,2,3 e 4 de febreiro, que este ano ten como convidado especial a Portugal. Agradecémoslle a información.
Despois comentamos a celebración do "15 Festival do Botillo en Cataluña", con Juan Pedro Sánchez e falamos con don José Antonio Otero, Xerente de Embutidos Sta. Cruz de Montes, que será o homenaxeado como "Berciano Ilustre do 2018". Unha conversa moi ilustrativa.
Seguimos na segunda hora con TAMARA ANDRÉS, que se encargará a partir dagora da sección NO ESTRELAMPAR, un nome feiticeiro para unha sección feiticeira. ¡Graciñas Tamara!
Despois conectamos co noso correspondente, Xulio Simón, nas Rías Baixas, concretamente Combarro, para que nos presente ao seu contertulio de hoxe: don Miguel Anxo Fernández Lores, Ilmo.Alcalde de Pontevedra, cos que mantemos unha longa conversa-entrevista que nos ilustra sobre esa belida cidade.
E denantes de finalizar o programa de hoxe aínda temos tempo para comentar un chisco máis o desenrolo dese XV Festival do Botillo en Cataluña, con Juan Pedro, o noso convidado especial nos estudos, que nos pormenoriza ese evento previsto para o día 17 de febreiro próximo.
E despedímonos ate o vindeiro sábado, que agardamos volvan a sintornizarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario