sábado, 13 de xaneiro de 2018

Primeiro Programa do 2018

SÁBADO 13 de XANEIRO do 2018

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, co equipo ao completo e emitindo en directo por youtube, como vimos facendo ultimamente e que podendes seguirnos : https://www.facebook.com/SemprenGalicia. Despois das presentacións e de escoitar unha peciña musical, conectamos directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos ten preparada a participación dun contertulio de alto nivel: don José Antonio Armada, Alcalde do Excmo.Concello de Bande. Mantemos una conversa-entrevista moi interesante.

Facemos agora unha conexión "en primicia" con XABIER DÍAZ, que acaba de enviarnos un primeiro videoclip do seu ultimo traballo "NORÓ", que será posto á venda o día 6 de febreiro próximo. Agradecémoslle a súa amable atención en exclusiva que nos concedeu, para todos os que aprezamos a súa música.

Na segunda hora, coma sempre, falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, que nos ten preprarada a intervención de dona LOLI BELOSO NEIRA, escritora de varios libros para nenos adicados a personaxes moi importantes da nosa cultura galega recente, como son Luís Seoane, Neira Vilas e Isaac Díaz Pardo. Precisamente a conversa xira en torno á figura de Isaac, que tanto fixo por Galicia. Agradecémoslle a súa participación na nosa emisión de hoxe, e comprometémonos a voltar a falar con ela en vindeiras datas.

Nos poucos minutos que nos restan de programa comentamos un chisco a celebración do 35 Aniversario da Asociación C.G. "Airiños da nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramanet e algunha disertación relacionada coas aportacións dos socios das diferentes Entidades Galegas en Cataluña.

E despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores, desexando que volvan a sintonizarnos o próximo sábado á mesma hora.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...