Unha nova emisión de dúas horiñas de radio en galego con todos vostedes, tentando compracer a tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos, dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peciña de música para conectar inmediatamente co noso correspondente na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA que nos presenta a súa convidada de hoxe, dona MARICARMEN YÁÑEZ, Alcaldesa de LOBIOS, cos que falamos e mantemos unha conversa moi interesante relacionada cos incendios que asolan aquela zona da Reserva Natural do Xurés-Gerés. Tamén nos convidan a visitar ese "paraíso ardente" que ofrece unha morea de posibilidades cheas de engado pola súa natureza, patrimonio, lecer e gastronomía. Agradecemos a súa amable participación.
E xa que falamos de gastronomía, conectamos con don UBALDO PÉREZ, responsable do "Restaurante LOS Ancares" de Barcelona, para que nos fale da súa festa gastronómico-cultural, que mensualmente celebran no seu Restaurante. Será o vindeiro día 22 deste mes de Outubro.
A seguir falamos con dona SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí" que nos anuncia a inauguración e posta en marcha do seu Bar na súa Sede Social. Tamén aproveitamos para conversar con don Raúl, responsable da coordinación do "1º Premio de Narrativa Manuel Rivas da Irmandade de Rubí" e que xa están a traballar para convocar o segundo Certame.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO Simón, que nos presenta a TAMARA ANDRÉS, Traductora e Poeta, á que comprometemos para que nos axude a encetar e levar adiante unha nova sección da que ela mesma será a encargada.
Concetamos agora con EMILIO LUÍS LÓPEZ, Director que foi deste noso programa "Semprengalicia" para conmemorar, como fixemos no programa anterior do día 7, os 35 ANOS DE RADIO CORNELLÀ. Rememoramos o seu paso por este espazo adicado á cultura galega baixo o patrocinio da Asociación C.G.Rosalía de Castro. Temos que disculpar a participación do noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, que non puidemos conectar con el. A vindeira semana será.
Que sexan moi felices durante esta semana e non deixen de sintonizarnos novamente e ate o vindeiro sábado. Agardámosvos a todos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario