Unha nova tempada con todos vosoutros. A primeira noticia e NOVIDADE importante é que xa nos podedes ver directamente por Internet, aquí mesmo, tal e como estamos nos estudos: https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez. E comezamos dándolles a benvida aos nosos contertulios nos estudos, MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN e ARMANDO FERNÁNDEZ, disculpando a presencia da nosa periodista LAURA SANTOS, por asuntos persoais aos que ten que acudir. De seguida poñémonos en contacto con HENRIQUE FERNANDEZ-MON SANCHEZ, un dos primeiros Presidentes da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro" e tamén con XOSEFINA FERNÁNDEZ, Directora que foi deste programa en etapas anteriores. Aproveitamos para face referencias a aqueles anos de iniciación e comezo do noso programa, xa que pronto se cumplirán 35 anos da creación de Radio Cornellà. A conversa discorre arredor desas vivencias, acompañados como estamos co primeiro Director desta emisión de "Semprengalicia". Agradecémoslle a dedicación que nos ofrecen e convocámolos para continuar esta conversa en vindeiras ocasións, e tentaremos que tamén participen outros anteriores responsables deste programa.
Achegámonos agora a Galicia, concretamente á Baixa Limia, para conectar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos trae de convidado a un contertulio, don MANUEL RIVERO PÉREZ, que nos ilustra en relación a varias facer do seu saber ademais de convertirse a súa conversa en clase e aprendizaxe para todos nós. Voltaremos a solicitarlle a súa aportación en videiras ocasións.


Desexamos que teñan unha Feliz Semana. Non sabemos se teremos emisión o vindeiro sábado, por mor do festivo. Xa volo anunciaremos en canto poidamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario