Outra semaniña máis con todos vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de radio con entrevistas, música e informacións diversas. Xa sabedes que podedes vernos en directo porque emitimos en youtube_ //www.facebook.com/xulio.couxilvazquez, e participar sempre que queirades. A primeira conexión é con XOSÉ LAMELA, o noso correpondente na Baixa Limia, que nos presenta a súa convidada desta semana: dona MARTA DELGADO, de Mira Xurés. A conversa xira arredor do emprendimento, repasan as posibilidades de futuro e proxectos que se poden poñer en marcha nesa zona tan deteriorada polos lumes desta semana pasada en Galicia.
Despois falamos con JUAN Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, que nos informa da celebración do MAGOSTO-Castañada da Entidade en Polinyà, para a vindeira fin de semana, á que nos convida asistir,
Recibimos a chamada de SANTIAGO LORENZO SUEIRO, que nos pon ao corrente da Conferencia que se celebrará no Hotel Eurostars Gran Marina o vindeiro martes día 24 ás 7:30, baixo o título: "El Turismo, perspectivas globales y locales". Conversarán don Amancio López (Presidente do Grupo Hotusa), don Albert Peters (Presidente de KDF, Directivos de habla Alemana). Agradecémoslle a súa amable participación e información. Celebramos a chegada aos estudos da nosa voz feminina LAURA SANTOS, que tanto extrañabamos.
A segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, que tamén nos ten preparada a participación de don XOSÉ LOIS VILAR, activista cultural, empresario froiteiro, historiador, arqueólogo, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia. A súa participación convértese nunha leución e clase informativa do acontecido nesta semana pasada na zona de Baiona, Gondomar e Vigo. Agradecémoslle a súa aportación,
E despois de escoitar un bocadiño máis de música conectamos con PACO RIVAS, o noso Poeta da Mariña Lucense, con quen comentamos a súa colaboración neste programa dende os seus comezos con Ramón López, aludindo ao aniversario de Radio Cornellà nos seus 35 anos de existencia. Tamén aproveitamos para felicitalo pola publicación deses tres libros que el mesmo nos comenta, e despídese de nosoutros coa lectura dun dos seus poemas.
A vindeira semana máis. Non deixedes de escoitarnos e participar con nosoutros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario