domingo, 29 de outubro de 2017

SÁBADO 28 de Outubro do 2017

Comezamos un novo programa de dúas horiñas en galego dándolles a ben-vinda e convidándoos a que participen con nosoutros, xa que poden escoitarnos e vernos, en directo dende o facebook por youtube: https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez. E como cada semana, despois de escoitar un bocadiño de música, conectamos coa Baixa Limia para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA, nos presente ao contertulio de hoxe don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "Chef" do Restaurante no Balneario de Rio Caldo. Presidente de dúas Comunidades de Montes, na Serra do Xurés, cazadore grande coñecedor do rural daquela zona. Fálannos das propostas e obxectivos previsto para acondicionar os montes despois do desastre acontecido en semanas anteriores por culpa dos lumes devastadores e tamén aproveitamos para comentar un chisco as súas creacións gastronómicas realizadas con produtos da zona: A cociña do Xurés. Restamoslles agradecidos pola súa colaboración desinteresada.

A seguir, despois de escoitar unha peza do novo disco de Pancho Alvarez, falamos con CARMEN PENIN, a quen felicitamos pola publicación do seu ultimo traballo: HERDEIRAS, un libro-CD cheo de engado e que recomendamos a tódolos nosos oíntes e seguidores.

Continuamos, na segunda hora, conectando con TAMARA ANDRÉS, encargada desta nova sección cultural na que tamén intervén o noso correspondente XULIO SIMÓN. Infórmanos da recente saída ao prelo do seu poemario CORPO DE ANTIOCHIA, publicado por Galaxia, e da presentación do mesmo prevista para o día 4 de Novembro en Poio. 

Damos conta de respectivos actos culturais e gastronómicos de Airiños da Nosa Galicia, en Santa Coloma de Gramenet, así como os da nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Festa do pulpo e Magosto, respectivamente.

Finalmente falamos con PACO RIVAS, o noso Poeta da mariña Luguesa, que sempre participa con nosoutros nos ultimos minutos do programa.

A vindeira semana agardámosvos a todos, novamente. Que teñades unha feliz semana.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...