Primeiro programa da tempada 2016/17, que comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores adiantándolles as novidades coas que desexamos facerlles pasar dúas horiñas agradables. A primeira comunicación-conversa é co noso correspondente na Baixa Limia XOSÉ LAMELA, que nos recibe moi cordialmente e ponnos ao corrente da celebración que se está a realizar concretamente no Concello de MUIÑOS, e aproveitamos para saudar ao noso amigo e colaborador XURXO SOUTO, que tamén participa connosco neste primeiro programa da tempada.
A seguinte conversa é con XOAN EIRIZ, Profesor de Música e cantautor que ven de publicar o seu CD número 14 e que leva por título: "VERBAS NO VENTO". Fainos unha pequena presentación e aníma aos nosos oíntes a adquirilo, na súa páxina web ou no facebook. Este é un traballo moi ben argallado e coa participación de grandes músicos. Agradecémoslle a súa participación neste noso programa e desexámoslle moitos éxitos.
Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, máis concretamente en Combarro, XULIO SIMÓN, que nos saúda moi cordialmente e disfrutamos un chisco coa súa aportación e colaboración.
Mantemos unha entrevista-conversa con OSCAR, do Restaurante O MIRADOR, de Portomarín, establecemento que se atopa nunha das etapas do Camiño de Santiago. Indícanos que este ano a afluencia de peregrinos é máis abondosa que en anos anteriores (sempre referido aos seus establecementos), e comentamos as ofertas e o abano de posibilidades que poden escoller os peregrinos e outros viaxeiros. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a poñernos en contacto.
Antes de finalizar conectamos co noso correspondente na Mariña Lucense, PACO RIVAS, que sempre está disposto a comentar cousas de actualidade e esclarecedoras para todos.
A vindeira semana prometémosvos máis, e se é posible mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario