O día 10 de MAIO emitiuse pola RTVG no programa "O País máis Grande do mundo" unha reportaxe relacionada co noso programa "SEMPRENGALICIA", aquí tedes o link para poder visionalo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/en-polonia-en-barcelona-e-madrid-e-no-buque-hospital-juan-de-la-cosa ,dende 1:05:41 ata o momento 1:15:16.
Comezamos o programa de hoxe con xente "convidada" nos estudos, a quen lles agradecemos a súa presencia, e para recibilos escoitamos primeiro unha peza de música galega. Dámoslle a benvida a OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro e a PAULO, que nos acompañan. Fálanos da celebración do "36 Aniversario da ASOCIACIÓN" así como da Festa Galega en Can Mercader, que se realizará os vindeiros días 27, 28 e 29 deste mesmo mes de maio. Tamén comentamos a celebración, na sé da Entidade, da Conferencia sobre as Letras Galegas e Filandón, a cargo de Alfredo González Vilela, así como a presentación do libro : A Virxe do Xurés, escrito polo noso amigo e colaborador XOSÉ LAMELA.

Falamos agora con don FRANCISCO JAVIER RODRÍGUEZ, da Asociación Cultural Galega SAUDADE, que nos informa da celebración das LETRAS GALEGAS 2016, hoxe mesmo, na propia Entidade, cunha Conferencia adicada a Manuel María, e que impartirá o Catedrático BASILIO LOSADA.
Despois conectamos con don MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, que tamén nos informa e convídanos a asistir á Festa Galega que realizarán, naquela cidade, os días 3, 4 e 5 de XUÑO.
Despedimos ao noso Presidente, Oliver, desexándolle moitos éxitos nas vindeiras actividades que teñen previsto realizar, e volve a convidar a tódolos nosos oíntes e seguidores para que participen en tódolos Actos previstos para a vindeira semana e tamén para o fin deste mes de maio.
Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente con Combarro, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos presenta ao convidado de hoxe, don XURXO MARIÑO, Profesor, Escritor e Neurocientífico, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e aportacións moi interesantes. Paga a pena voltar a escoitalos. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos voltar a contactar con el para que nos fale do libro que próximamente ten previsto publicar en Galaxia, relacionado coa viaxe de 11 meses que realizou polo mundo adiante, do que nos adiantou algunha primicia.
A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario