domingo, 8 de maio de 2016

SÁBADO 7 de MAIO do 2016

Comezamos o programa ofrecéndolles escoitar unha peza do ultimo CD de "Luar Lubre", titulado "Extramundi", para anunciarlles que falamos con UBALDO, do Restaurante "Os Ancares", na rúa Robrenyo, perto da Estación de Sans (BCN). Infórmanos que veñen realizando unha festa gastronómica moi interesante, cáseque unha cada mes. A anterior foi unha calçotada, e a de mañá é un menú de recibimento á Primavera: Entrantes con espárragos e empanada da casa, de segundo Cordeiro asado e postres variados da casa, acompañado de viño Albariño e Rioxa do ano. Todo con música galega en directo, cafes e chupitos variados.


Conectamos con dona PURA SALCEDA, escritora e poeta galega que nos adianta a póxima presentación o vindeiro sábado 14 de maio, dun libro  escrito en colaboración don Casimiro de Brito (escritor e poeta portugués). A presentación realizarase no Centro Galego de Lisboa, en conmemoración das Letras Galegas.


Recibimos nos estudos ao Profesor, escritor e poeta TOÑO NUÑEZ, a quen agradecemos a súa visita e despois de comentar con el parte das súas vivencias profesionais e creativas, fainos o agasallo de declamar un dos seus poemas incluídos no seu ultimo libro publicado : "POEMAS DE AMOR DE OUTONO".

Conectamos agora con SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de RUBÍ", que nos informa da "35 Festa Galega de Rubí", e dos actos previstos para a próxima fin de semana. Desexámoslles moitos éxitos.

Seguimos a falar e conversar co noso "combidado" especial TOÑO, que nos sigue a explicar cousas da súa creación poética e dos seus traballos publicados. Comentamos a posibilidade de poder presentar eses seus traballos nalgunha das Asociacións Galegas de Catalunya e volve a agasallarnos coa declamación doutro poema.

A ultima conexión é con don ALFONSO PATIÑO, Director do "Festival de CANS", que xa van pola "XIII Edición do Festival". Agradecémoslle a súa amable atención e concertamos voltar a conectar con el en sucesivas ocasións.

A vindeira semana voltaremos con máis música, entrevistas, conexións e informacións interesantes. ¡Non faltedes!

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...