domingo, 13 de decembro de 2015

sabado 12 de decembro do 2015

Unha semana máis con todos vosoutros tentando levar adiante este programiña en lingua galega para informar e entreter á nosa audiencia. Nesta ocasión centrarémonos no "XXIX Premio de Poesía Rosalía de Castro" que realiza a nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Temos nos estudos ao noso correspondente XULIO SIMÓN que ven acompañado de XURXO SOUTO, membro do Xurado dese Premio de Poesía, que ademais será o encargado de impartir unha conferencia no Salón de Actos da Biblioteca García Nieto, e na que presentará o seu libro "Contos do mar de Irlanda". Dámoslle a ben-vinda a todo o equipo: LAURA SANTOS, Xosé Lamela e Armando Fernández. Dende os controis técnicos KIKO. Mantemos unha conversa-entrevista moi engaiolante. 

Laura Santos fainos un pequeno "retrato" do noso convidado especial "Xurxo" e desexámoslle moitos éxitos nese Conferencia que vai a impartir. 

Despedímonos de todos ofrecéndolles escoitar música galega que temos preparada para finalizar o programa de hoxe, xa que queremos asistir á Conferencia que denantes comentabamos. 
A vindeira semana realizaremos un programa moi especial para felicitarlle as Festas Nadalencas e o vindeiro Aninovo, posto que será o ultimo programa deste ano. Agardámolos a todos.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...