Comezamos unha nova tempada cos mesmos azos e ganas de levar adiante estas dúas horiñas de radio en galego. O equipo mudou un chisco, temos un novo técnico nos controis: KIKO, pero nas Locucións, Redacción e Colaboracións, seguen os mesmos: LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÀNDEZ e un Servidor (Xulio Couxil) falándolles dende os estudos, e nas colaboracións: XOSÉ LAMELA, dende a Baixa LIMIA, e XULIO SIMÓN, dende as Rías BAIXAS. Así pois, conectamos con Xosé e comentamos "cousas" interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores.
Dámoslle a ben-vida a ANTONIO LOMBARDÍA, membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos visita nos estudos, e aproveitamos para comentar con el as Actividades e diversas actuacións que realizan na Entidade e as vindeiras que se realizarán. Agradecémoslle a súa participación.
Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, como tiñamos por costume, para falarmos co noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN, que nos facilita a conexión co seu convidado de hoxe: XURXO SOUTO. Coido que non fai falla presentación, así que ahí vos vai a entrevista-conversa.
A ultima conversa-entrevista é con MERCHI ALVAREZ, de GALICIA-AME, nada menos que a súa Presidenta, coa que mantivemos xa unha pequena conversa noutra emisora amiga (Radio Sant Boi, programa "Galegos no BAIX"), e agradecémoslle a súa aportación e colaboración. Unha participación chea de emoción e engado. Seguro que pronto voltaremos a chamala para que nos siga informando da evolución e realización das súas actividades, que son moitas e importantes.
A vindeira semana agardamos que nos sigan escoitando e desexamos que participen das nosas propostas, aportando as súas suxerencias, que sempre son ben recibidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario