No programa de hoxe non contaremos coa participación de Laura Santos e Armando Fernández, por mor de certas obrigas persoáis de ámbolos dous, pero coidamos que faremos unha emisión digna e chea de contidos. En primero lugar achegámonos á Baixa Limia, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA, nos presente ao contertulio de hoxe, que ven de ser elixido ACADÉMICO da Real Academia das BELAS ARTES de GALICIA, don JOSÉ MARÍA EGUILETA FRANCO. Con eles mantemos unha conversa chea de aprendizaxe e moitos coñecementos.
Na segunda hora conectamos coas Rías BAIXAS, concretamente con Combarro, onde se atopa o noso colaborador XULIO SIMÓN, que tamén nos presenta outro contertulio, Sr.EVARISTO, un cetreiro de Cambados, que está preparando unha exibición desta especialidade tan interesante, nesa localidade, con motivo da celebración duns festexos medievais na propia localidade na que se atopan. Agradecémoslle a súa aportación.
Xa para rematar, conectamos co noso Poeta da Mariña Lucense, Paco Rivas, que nos fala da presentación da 4ª entrega do DICCIONARIO DO MAR, e da recente presentación do seu libro infantil "TRACA-TRACO", de Edicións do Cumio, que nos mesmos prometemos adquirir para difundilo e escoitalo entre todos os nosos oíntes e seguidores.
A vindeira semana non estamos seguros de poder ofrecerlles outro programa máis, en directo, pero garantizámoslles unha emisión de dúas horas en galego, entretidas e cheas de mensaxe. Agardámosvos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario