Hoxe tivemos que disculpar á nosa colaboradora LAURA SANTOS, por mor dunha indisposición sanitaria (tiña gripe e ademáis estaba algo afónica). Levamos adiante a emisión este equipo: Marc Fort -nos controis técnicos-, Armando Fernández, Xosé Lamela e un servidor. Unha visita moi gratificante, a do noso correspondente na Baixa Limia, que nos acompaña nos estudios. Precisamente el mesmo nos presenta ao seu convidado desta semana que xa nos ten preparado para a intervención da primera hora de emisión: MONCHO CONDE CORBAL, un gran profesional do periodismo a quen lle agradecemos a súa amable participación e xa o consideramos un máis dentro da nosa lista de personaxes eminentes aos que acudiremos en vindeiras ocasións para que nos sigan a ensinar e ilustrar.
Na segunda hora chamamos ao noso correspondente nas RÍAS BAIXAS, Xulio Simón, que como cada semana sempre nos ten preparado un feixe de importantes comunicacións literarias e culturais inter-relacionadas con Galicia, Cataluña e Portugal.
A seguinte intervención é a do noso Poeta da Mariña Lucense PACO RIVAS, con quen mantemos unha conversa distendida, dándolle un "repaso" a algunhas noticias de actualidade. Despedímonos escoitando unha declamación da súa autoría e primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores.
A vindeira semana desexamos que voltedes a sintonizarnos. ¡Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario