Na emisión de hoxe non puiden estar presente nos estudios, pero LAURA SANTOS e mais ARMANDO FERNÁNDEZ, levaron adiante este cometido coas seguintes intervencións:
En primeiro lugar tiveron a presencia nos estudios do cantautor ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, que viña a ofrecer o convite a tódolos oíntes da presentación e oferta do seu ultimo traballo: VERITAS MI. Presentarase no Castell de Cornellà o vindeiro venres 21 de novembro.
Despois póñense en contacto con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia), co que manteñen unha conversa moi ilustrativa e amena.
Intervén LAURA dando información e falando da estrea da película A ESMORGA, baseada na novela do esgrevio autor galego Eduardo Blanco Amor, e que se presenta en Ourense con motivo do Festival de Cine.
Na segunda hora conectan novamente con Galicia para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, e aproveitan a ocasión para chamarme a min. Mantemos unha pequena conversa sobre o tema que estaba a relatar o noso amigo.
Despois falan con IVAN SANJURJO, representante da nosa amiga SES, que virá a facer un Concerto na Sala Salamandra de Hospitalet de Llobregat o vindeiro día 29 de novembro.
A ultima intervención-comunicación é con don JUAN PRIETO, Presidente da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, de Badalona, que fai un repaso e valoración das ultimas actividades realizadas. Aproveita a ocasión para convidar a tódolos seguidores e oíntes ao MAGOSTO (con castañas asadas e bolos preñados, acompañados de viño galego) que están a realizar precisamente no día de hoxe, na Entidade, rúa París, 45 de Badalona.
Despídense cos desexos de sempre:
Que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario