Unha semana máis ofrecémoslles esta nosa emisión radiofónica, en galego, tentando que pasen dúas horiñas agradables, na nosa compaña. Todo o equipo ao completo: Laura Santos, Armando Fernández e un servidor, nas locucións, e o noso técnico Marc Fort, nos controis de audio.
Comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia : XOSÉ LAMELA, preséntanos ao seu convidado de hoxe: don XOSÉ SIMOES, "patriarca" da TAVERNA DEL CLINIC. A conversa é moi enriquecedora e chea de engado. Os Simoes Brothers, unha saga de restauradores en Cataluña, que marcan unha tendencia gastronómica de primeira clase. Galegos que trunfan en Cataluña co seu traballo e que se gaban da súa procedencia (Padrendo-Ourense-Galicia). É unha honra para o noso programa poder conversar-entrevistar a persoas coma o Sr. Xosé Simoes. A bon seguro que non será a ultima vez que o incomodemos para que nos volva a deleitar coa súa conversa.
Logo de ofrecerlles un chisco de música, voltamos a Galicia, neste caso ás Rías Baixas, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, para que nos relate as escollas que ten preparadas para esta semana. Sempre nos aporta unha man chea de informacións culturais moi interesantes.
Despois de despedilo chamamos a DAVID, do grupo VAL DAS MOURAS, que están a piques de facer a súa primeira intervención pública na celebración do XI FESTIVAL DEL BOTILLO EN CATALUÑA. Os nervios están controlados e on ensaios de só xa están probados. Desexámoslles moitos éxitos nesta andaina.
Chegando xa ao final temos unha chamada de JUAN PEDRO, da ASOBECAT, que nos pon en contacto co Sr.Alcalde de Ponferrada, don Samuel Folgueral, con quen mantemos unha pequena conversa na que nos fala da homenaxe que hoxe lle fan os Amigos del Bierzo e do Campionato Mundial de Ciclismo deste ano na cidade de Ponferrada.
Despedímonos de todos desexando que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, á mesma hora.
3 comentarios:
queridos amigos, quisiera pedirles me acerquen noticias de Campo Lameiro
gracias
un abrazo desde Uruguay
Sentimos moito non facernos eco, no seu momento das túas "suxerencias" para achergarche noticias de Campo Lameiro. O vindeiro sábado 22 de Febreriro faremos o posible para informarvos cesa localidade galega.
¡qué gentileza!
les agradezco enormemente, ya les diré porqué
un abrazo
Publicar un comentario