domingo, 19 de xaneiro de 2014

18 de xaneiro

Un sábado máis con todos vosoutros tentando levar adiante este programiña. Hoxe co equipo completo, aínda que temos que disculpar as participacións dos nosos correspondentes en Galicia. Temos alternativas para ofrecervos e como os estudios da radio enchéronse de visitas, aproveitaremos para departir con eles e vosoutros estas dúas horas de comunicación e novidades interesantes. Comezamos dándolle a ben-vinda a "O VAL DAS MOURAS", un terceto musical que nos ven a presentar unha das súas composicións musicáis, adicada a Rosalía de Castro, e comentamos un chisco a súa creación. 

O equipo, e os de ASOBECAT
 Recibimos a don JUAN PEDRO SÁNCHEZ, membro da Junta Directiva de ASOBECAT (Amigos del Bierzo en Cataluña), que nos ven a presentar a XI FIESTA del BOTILLO en CATALUÑA, que se realizará o día 25 deste mes de Enero en el Hotel Campus de Bellaterra. Como o "personaxe" homenaxeado deste ano é a "Sociedad Deportiva Ponferadina", aproveitamos para saudar e falar co seu Presidente, don José Fernández Nieto, a quen lle agradecemos a súa atención e participación no noso programa. 

 Seguimos mantendo esta conversa-entrevista cos Amigos do Bierzo, e amósannos cómo será a celebración do Festival do Botillo en Cataluña, este ano. 

 A segunda hora poñémonos en contacto con XOAN EIRIZ, un cantautor galego que acaba de publicar o seu treceavo disco con 18 cancións galegas e universais. Saudámolo con afecto e fálanos da súa traxectoria musical. Prometémonos volver a falar con el para que nos informe das novidades que se vaian producindo.

Continuamos perfilando e concretando un bocado máis a celebración dese evento para o próximo día 25 polo serán, no Hotel Campus de Bellaterra e propoñémoslles escoitar otra peza músical.

Volvemos a conectar con Galicia, para falar con CARMEN PENIN, compoñente do grupo musical 2naFRONTEIRA, que nos fala da presentación do seu ultimo traballo dedicado a Díaz CASTRO. Unha conversa moi agradable e prometémonos volver a incomodala para que nos guíe e oriente sobre o seu traballo musical, tan feiticeiro.

Antes de rematar o programa de hoxe, danos tempo para chamar novamente a Galicia e falarmos con RUBEN, xerente da CASA CASTELAO, de A Fonsagrada, que nos informa da "Feira-Festa do Butelo" nesa localidade, prevista para o vindeiro mes que ven, concretamente para a ultima fin de semana: 22 e 23 de febreiro.

Desexamos que pasen unha feliz semana e, agardámolos. Ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Ningún comentario:

SÁBADO 11 de XANEIRO do 2025

Primeiro programa do ano. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e música de JAVI MANEIRO , a quen saudamos e felicitamos o novo ano e...