Un chisco máis tarde do normal, por mor da retransmisión deportiva, pero siempre cos bos desexos de que pasen un ratiño agradable e entretido coa nosa compañía e proposta.
Comezamos un ano máis desexándolles felicidade a todos e propoñémoslles escoitar o ultimo disco de Kepa Junquera "GALICIA", do que xa fixemos algunha referencia en programas anteriores, pero que aproveitamos para poñer de fondo e saudar ao noso corresponden na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, como é habitual na nosa emisión semanal.
Seguimos escoitando un chisco máis desa música envolvente do LIBRO-disco que lles comentábamos antes e conectamos outra vez con Galicia, para saudarmos e falar co outro correspondente nas Rías Baixas (Combarro, concretamente), o noso amigo XULIO SIMÓN, quen nos corresponde cos bos desexos para este ano que acabamos de encetar e ofrécenos algunhas das novidades que se están a suceder por alí. Despedímolo, ata a vindeira semana, coa música de Kepa Junquera.
Agora poñémonos en contacto con JUAN PEDRO, membro da Xunta Directiva de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) que teñen previsto realizar o XI FESTIVAL del BOTILLO, como cada ano no Hotel Campus de Bellaterra, o día 25 deste mes de xaneiro. Comprometémolo para que nos acompañen, nos estudios da radio, o vindeiro sábado día 18.
Antes de rematar o programa aínda temos un pequeno espacio e tempo para poder saudar e felicitar a don ANTONIO ALVAREZ, Presidente da Aso.Castaño e Nogal, e aproveita para informanos un chisco do Documental sobre o Sendeiro Quintá de Cancelada - Rio Donsal. Este traballo está dirixido e confeccionado polo noso técnico MARC FORT, a quen tamén aproveitamos para felicitar moi afectuosamente.
Despedímonos ate a vindeira semana, que seguro teremos un programa máis completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario