domingo, 28 de outubro de 2012

27 de OUTUBRO 
 Unha semaniña máis ofrecemos a nosa emisión tentando amenizarlles estas dúas horiñas de radio en galego. Nos controis o noso Técnico MAR FORT. Na locución ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor de vostedes. No día de hoxe faremos varias conexións con Galicia e pretendemos falar con algún responsable da Asociación C.G.Rosalía de Castro, para que nos informe das actividades que teñen previstas para este trimestre, así como tamén nos achegaremos a Badalona, para falarmos con algún responsable da A.C.G.Agarimos, cos que temos a intención de comentar a celebración da Festa da Empanada, prevista para mañá mesmo, e o "Magosto", así como tamén a celebración do "XV Aniversario". 
 

Facemos a nosa primeira comunicación con Galicia para falarmos con RAMÓN BLANCO, que ven de publicar o libro EMILY ON THE ROAD, con ACHA ESCRAVA, Editora. Tamén nos conectamos con MANUEL LOPES RODRIGUEZ, responsable desta Editorial. Podedes escoitar aquí a conversa-entrevista mantida con ambos contertulios. 



Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN, que nos presenta a don CARLOS CALLÓN, Presidente de A MESA pola Normalización da Lingua Galega, que nos falan do traballo que veñen realizando a prol da defensa do noso Idioma.  

A semana que ven voltaremos a emitir este noso-voso programiña, con máis novidades, informacións e moitas cousas máis. Se podemos mellor.


 ¡¡¡ Que pasedes unha semana moi feliz !!!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...