Nesta fin de semana non poderemos contar con algunhas das nosas habituais colaboracións de cada emisión, pero contamos con poder ofrecerlles una programa entretido e ameno. A primeira parte dedicarémola a poñer no seu coñecemento algunhas noticias chegadas á nosa Redacción e centrarémonos nun pequeno apartado dedicado aos "Cantares de Cego".
Despois seguimos coas informacións diversas que nos chegan dende Galicia e que imos "adubiando" cun bocadiño de música escollida, para que poidamos manter unha mellor atención e procurar que sexa máis ameno o noso programa.
>
Na segunda hora comunicámonos con Galicia, con XOSÉ LAMELA e mais con don XOSE LUIS RAPELA, arquitecto. Falamos do accidente de camión que se empotrou (xa vai un mes) no comedor dunha casa en Barbadás, e dos traballos previstos realizar para poñer solución a ese problema. Tamén aproveitamos para solicitarlle a súa impresión sobre temas relacionados coas Restauracións, así como dos plans previstos para esa zona e tamén da Baixa Limia. Agradecémoslle a súa colaboración, neste noso programa de hoxe e convidámolo a que volva a participar connosco en vindeiras ocasións.
Tamén conectamos coa "Mariña Lucense" e falamos co noso "poeta mariñán, don PACO RIVAS" e fainos a súa regalía particular declamándonos varias das súas composicións para axudarnos a rematar o programa de hoxe.
Desexámosvos unha feliz semana e contamos voltar a tervos na nosa sintonía, para ofrecerlles outra vez este noso programa, alomenos igoal, e se podemos mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario