Encetamos o programa dándolle a ben-vida a Armando Ferdez. e adiantándolles o que propoñemos para estas dúas horiñas de radio: Falaremos con Xosé Lamela e con Agustín de PLABALI, conectaremos con NAVIA de SUARNA, para falar co seu Alcalde, falaremos con Xulio Simón, como cada semana, achegarémonos ao Concello de A Fonsagrada, para falarmos co seu Alcalde e tamén buscaremos un bocadiño de tempo para conectar coa nosa Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro"... E tentaremos escoitar algunhas pezas da nosa música galega, para facer un pouquiño máis entretido todo o condumio que temos preparado.
A primeira comunicación é, como lles anunciabamos, con Xosé Lamela que nos presenta a don Agustín, portavoz da Plataforma Baixa Limia.
A seguir conectamos novamente con Galicia e poñémonos en contacto con don José Ferdez.Ferdez., Sr. Alcalde de Navia de Suarna, que nos fala da "Festa da Androlla", e das moitas posibilidades turísticas das que dispón este Concello.
Detémonos un bocadiño para falarmos con Ricardo Pérez, membro da Xunta Directiva de A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das diferentes actividades que realiza a Asociación.
Proseguimos o programa e falamos agora con Xulio Simón, o noso correspondente que se atopa en Combarro, nas Rías Baixas, e fálanos de Isaac Díaz Pardo e outras interesantes cousas que sempre prepara con moito agarimo para todos nós.
E acabamos o programa de hoxe volvendo a conectar con Galicia, concretamente con don Argelio Fernández Queipo, Sr. Alcalde do Concello de A Fonsagrada, que nos fala da XV Festa do Butelo, que se celebrará a vindeira fin de semana do 11 e 12 deste mes de febreiro.
Voltamos a convidarvos a que conectedes connosco para facer a vindeira semana o mesmo o máis e mellor, se podemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario