martes, 31 de xaneiro de 2012

Programa do día 28 de xaneiro

28 de xaneiro do 2012

Comezamos dándolle a ben-vida, como ven sendo habitual nestas ultimas semanas, ao noso colaborador ARMANDO FERNANDEZ. Xa forma parte do noso Equipo da Radio. A primeira peza de música é unha gravación que fixeron no Auditorio de Ourense a nosa amiga María do Ceo e Cristina Pato. De seguida comunicámonos con Galicia para falarmos con dúas persoas da zona de Fonsagrada e da Fontaneira: don Julio Fernández e o Sr.Bolaño. O primeiro é un recolector de Setas ecolóxicas con denominación de orixe, con boletín. E o Sr.Bolaño é propietario do Restaurante "O Cantábrico". Unha conversa agradable con ámbolos dous, que nos convidan a achegármonos a aquelas terras lucenses para probarmos eses manxares deliciosos que alí se procuran.

Despois falamos con EVARISTO FOXO, que nos informa da nova posta en marcha da súa tenda de productos de grande calidade galegos, na Estación de SANS, en Barcelona. Levaba un tempo pechada, por mor das obras do AVE, pero agora voltou a poñer en marcha esa tenda, cun espazo algo máis reducido, pero que con moitísima máis calidade. Como novidade incorpora a venda de PAN de Cea, recén forneado, así como as Empanadas. Paga a pena visitar esa mostra de Productos Galegos de Alta Calidade. Desexámoslle moitos éxitos e moita sorte.

A seguinte comunicación con Galicia é a nosa chamada para falar con Xosé Lamela, correspondente da Baixa Limia, que nos pon en contacto, unha vez máis, con Pablo López Vidal, Congresista. Falamos dese traballo que están levando adiante para poder acadar que na provincia de Ourense se poida dispoñer dunha area de solo industrial axeitada, coa finalidade de mellorar as posibilidades para instalación de empresas e creación de emprego na zona.

Na segunda hora falamos con Xulio Simón. Fainos unha homenaxe aos gaiterios, encarnada na persoa de don Xosé Manuel Seivane, do que xa demos conta do seu pasamento no día de onte, e que será soterrado en Ribeira de Piquín. A verdade é que Xulio sempre nos sorprende coa súa escolla e a morea de documentación que nos aporta para un mellor coñecemento do tema que nos fala.
 

Rematamos cunha pequena descrición-historia do Loro Ravachol, do que seguiremos a falar na vindeira semana... Agardámosvos a todos.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...