luns, 5 de decembro de 2011

Programa do sabado 3 de decembro do 2011


Unha nova emisión do programiña en lingua galega que cada semana facemos en Radio Cornellà. Comezamos propoñéndolles pasar dúas horiñas na nosa compaña, con música galega, con entrevistase participacións interesantes. Despois de escoitar ás MALVELAS, coa súa peza titulada "Trubisqueira", Conectamos con Galicia e falamos, como ven sendo habitual nesta tempada, con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente na Baixa Limia.

Un ano máis, despois do fallo da celebración do 25 Certame de Poesía "Rosalía de Castro", da Asociación Cultural Galega do mesmo nome, en Cornellà, tentamos conectar cos premiados e comezamos chamando a ISRAEL MARTÍNEZ VEIGA, en Santiago de Compostela, para felicitalo. Falamos con el e despedímolo escoitando a declamación do poema polo que foi premiado.

A seguir escoitamos outra peza de música, do novo disco de "Berrogüetto", que nos enviaron en primicia para todos vosoutros. O disco titúlase: "O Pulso da Terra", que ven acompañado dun DVD e dun libriño editado por Galaxia e escrito polo periodista Fernando Neira. E con esta peza dámoslle a ben-vida a ELENA NICONOROVA-PETROVA, de ULYÁNOVSK moi interesada coa nosa tradición musical. Curiosa entrevista cunha persoa tan lonxana da nosa Terra pero moi relacionada coas "nosas cousas".
Na segunda hora voltamos a conectar con Galicia, con XULIO SIMÓN, o noso correspondente das "Rías Biaxas", que continúa dándonos cumpridas informacións seleccionadas e con el aprendemos novas cousas que teñen moito a ver coa nosa cultura e coas Letras e moi especialmente coa poesía.


E para rematar, falamos con PACO RIBAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que tiñamos algo abandonado, por mor doutros asuntos que nos desconectaron da súa asídua participación e colaboración desinteresada de cada semana. Retomamos a conexión e escoitamos, coma sempre e para finalizr o programa, algunhas das súas creacións poéticas coas que sempre nos agasalla a todos.


Desexamos poder volatar a contar coa vosa atención a vindeira semana. Voltaremos a facer un programiña xeitoso, alomenos coma o de hoxe, ou mellor, se podemos.

Ningún comentario:

SÁBADO 18 de XANEIRO do 2025

Hoxe comezamos o programa dende o Hotel Front Air Congress, de Sant Boi de Llobregat, onde se atopa a Asociación de Bercianos en Cataluña (A...