Comezamos a emisión de hoxe, acompañado de Armando Fernández e do noso técnico Marc Fort, dándolles a ben-vida a todos e desexando ofrecerlles dúas horiñas de radio entretidas, lamentando a desaparición da grande voz caboverdiana, Cesària Evora que acabamos de coñecer e compartimos con todos unha primeira peza musical interpretada por ela, dedicada a todos e en especial ao noso amigo (tamén finado) Mindo Vizcaia, que tanto apreciaba: “Tempo e silencio”. A primeira comunicación é con Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio de hoxe: Francisco José Fraga Civeira, Ex Vicepresidente da FEGAMP e Alcalde de Piñor. Unha conversa moi interesante.
A segunda comunicación-conversa é para recibir a felicitación de Serxio Seoane, a quen lle correspondemos desexándolle o mellor para o vindeiro aninovo 2012.
Falamos con Xulio Simón, que dende Combarro, tamén nos envía as súas felicitacións para estas datas e fainos un pequeno resumo do que ten preparado para os nosos oíntes.
Na seguinte comunicación poñémonos en contacto con SUSO DÍAZ, que ademais de felicitalo aproveitamos para desexarlle o mellor no seu programa “La Voz en Espiral” que ven realizando tódolos martes, dende Mérida. Un espazo que lles recomendamos a tódolos amantes da cultura en xeral e moi en particular aos asíduos da poesía. Desexámoslle boas festas.
Recibimos a felicitación de PEDRO PEREZ, do Grupo DUPLEX, que desexa enviarnos todo o mellor para o vindeiro aninovo, e nos correspondémoslle mandándolle os nosos anceios de benestar nestas festas.
Por ultimo chamamos a MASITO BEIRÓ, en Padrón, o noso colaborador e por enriba de todo amigo. Queremos facerlle patente os nosos mellores desexos de ventura e benestar para o vindeiro aninovo, e facémolos extensivos a toda a nosa audiencia. Desexamos todo o mellor para todos vosoutros e agardamos voltar a telos como seguidores o vindeiro ano 2012. Que teñan unha fantástica despedida de ano e unha entrada de aninovo feiticeira. ¡¡¡ Ata o ano que ven ¡!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario