luns, 7 de novembro de 2011

Programa 5 NOVEMBRO 2011

Encetamos anunciando as conexións que faremos esta semana, así como algunhas das informacións e novidades que nos chegaron á Redacción. Principiamos falando con XOSÉ LAMELA, que nos presenta a MANUEL RIVERO PÉREZ, co que conversamos e mantemos unha tertulia moi amena.


Na seguinte chamada telefónica conectamos con LUÍS, da Asociación Cotomanguelo , que nos fala das Xornadas Micolóxicas que teñen previsto realizar a vindeira semana en Orazo (A Estrada) Pontevedra. Agradecémoslle a súa participación e información polo miúdo das Actividades organizadas.

Para rematar o programa de hoxe poñémonos en contacto con Xulio Simón, que nos presenta ao convidado especial desta semana:
Antonio Ferrer Moreira, que nos fala da súa loita e traballo a prol do noso idioma. Podemos atopalo no seu blog: blogoteca.com/galefas. Coordinados por Xulio, mantivemos unha conversa moi interesante falando da "pancarta das discordias" : Traballamos por un ensino público de calidade. 
Seguro que esto servirá de semente para que axude a inzar unha morea de concencias en favor do noso idioma.


Que pasedes unha semana moi gorentosa. Agardamos poder contar convosco outra vez máis, o vindeiro sábado.

1 comentario:

Suso Díaz dixo...

Parabéns pola interesante entrevista a Manuel Rivero. Dende logo Manuel é un gran coñecedor da nosa bisbarra (Baixa Limia)e as súas investigacións sitúanos na historia máis certeira, engadindo un interés meirande se caibe por coñecer esa terra arraiana. Dende logo, non deixedes de comentar con Manuel outros aspectos da nosa terra que están esquecidos nos libros de historia, e que corren o risco de perderse para sempre. Grazas a Manuel polo seu traballo. Apertas.

SÁBADO 11 de XANEIRO do 2025

Primeiro programa do ano. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e música de JAVI MANEIRO , a quen saudamos e felicitamos o novo ano e...