domingo, 13 de novembro de 2011

Programa do día 12 de novembro do 2011

Nesta ocasión temos a compañía de ARMANDO no estudio. Saudamos a tódolos nosos seguidores desexando que pasen dúas horiñas connosco moi agradables, con novidades, comunicacións e música galega. Despois de escoitar a primeira peza conectamos directamente coa Baixa Limia, o noso amigo XOSÉ LAMELA , preséntanos a XAN CARLOS, o responsable de ADEGA-OURENSE, con quen mantemos unha conversa moi interesante sobre algunhas cousas relacionadas co encoro de "As Conchas", nos concellos de Bande e Muiños, así como na comarca que comprende dende a Lagoa de Antela ata ese encoro.


Na segunda hora conversamos con ALFONSO RICO, Presidente da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das Actividades que están a realizar e convida a tódolos socios e simpatizantes que pasen a apuntarse para o día 26 d enovembro que se celebrará a CEA de Irmandade na que se darán a coñecer os premiados no "25 Concurso de Poesía Rosalía de Castro e VIII Premio de Narrativa Rosa Reboredo".


De seguido falamos novamente con Galicia, concretamente con XULIO SIMÓN, que o rescatamos da celebración do seu correspondente Magosto. A verdade é que sempre nos sorprende con algunha cousa curiosa e interesante relacionada coa nosa Cultura.


Facemos unha excepción moi particular no programa de hoxe e comunicámonos con JOAQUIN PARRA, un personaxe moi interesante e importante relacionado coa Viticultura. Coido que asuntos de tanto interese serven para coñecermos mellor a nosa riqueza vitivinícola e apreciala cada día algo máis.


Rematamos este noso programiña de hoxe desexando que volvan a conectarse con nosoutros a vindeira semana. Eu non poderei estar presente, pero temos garantizado a emisión do mesmo, xa que ARMANDO encargarase de levalo adiante, e posiblemente o noso colaborador Serxio Seoane tamén acudirá para facer algo máis amena a emisión. 

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...