luns, 31 de outubro de 2011

Emisión do día 29 de OUTUBRO 2011

Unha nova emisión do noso programiña para tódolos oíntes e simpatizantes. Comezamos ofrecéndolles unha nova proposta de música proposta para a sintonía do voso-noso programa. Seguro que no día de hoxe chegarán unha morea de votacións e propostas, alomenos eso é o que agardamos, sabendo que temos en xogo nada menos que dous agasallos interesantes: dous reloxos da marca Adolfo Domínguez, un para a música elixida e outro para a finalista. Comunicámonos con José Antonio Dacuña -Queixos do Xurés-, o responsable desa explotación tan importante e interesante da Baixa Limia. Xunto con Xosé Lamela, mantemos unha conversa-tertulia falando das bondades e melloras que aporta esa introducción da Cabra nas montañas do Xurés.

A seguinte comunicación é con Julio López Mouriño, Director do Campo de Traballo Internacional da Asociación Castaño e Nogal, con quen mantemos unha agradable conversa-entrevista falando das novidades que ofrece esta Asociación: Hoxe mesmo unha Conferencia da Sra.Helena Villar Janeiro, Presidenta da Fundación Roslía de Castro (moi amiga do noso programa, por certo), a posibilidade de poder percorrer o Sendeiro restaurado e perfectamente sinalizado de Quitá-Río Donsal, xunto co disfrute das festas e acontecementos que celebran nas aldeas e recunchos que se percorren: Os Magostos, os choupíns... etcétera. Unha excelente elección para esta fin de semana longa.

Na segunda hora poñémonos en contacto, novamente, como cada semana, con Xulio Simón, que nos deleita coa súa crónica cultural, nesta ocasión dende Vilalba (Lugo), camiño da ría do Barqueiro en Viveiro. Tamén comentamos algunha que outra novidade da actualidade e remata a súa intervención co relato e Lenda do Lobisome ROMASANTA.

Para rematar a programación de hoxe, conectamos coa "Asociación Cultural Galega ROSALÍA de CASTRO", concretamente con Antonio Díaz-Vicepresidente da Entidade, que convida a tódolos socios e simpatizantes a que pasen pola rúa Federico Soler, nº 71, para que disfruten do Magosto que comezará a partir das 20 horas e rematará con música en directo para tódolos asistentes. Con esta festa comezan as "Xornadas Culturais" da Asociación, que continuarán con outras actividades próximas a celebrar, como son: A Excursión ao Pirineo Andorrano, os días 5 e 6 de novembro, a Asemblea Xeral Informativa, o día 12 de novembro, Os Certames Literarios : de Poesía Rosalía de Castro e Narrativa Rosa Reboredo, que rematan coa Cea de Irmandade para o día 29 de novembro, e anima a tódolos que o desexen para que pasen pola Entidade para facer a reserva correspondente, xa que as prazas para asistencia son limitadas.
Desexamos que a vindeira semana volvan a conectar con nosoutros. e faremos público os gañadores dos reloxos prometidos, así como xa comezaremos a nosa emisión coa nova sintonía do programa.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...