luns, 28 de novembro de 2011

O programa do día 26 de NOVEMBRO de 2011

Despois dunhos breves días de descanso e compromisos cumpridos, voltamos novamente para estar outra vez con tódolos nosos seguidores, oíntes e amigos. Comezamos adiantándolles que teremos algunhas novidades moi interesantes e algunha delas "Primicia" no que se refire á musica galega. Recibimos o libro de BERROGÜETTO : O Pulso da Terra; unha biografía de Fernando Neira. Temos que agradecerlle este agasallo a Beatriz R.Fontán, que nolo envióu a semana pasada. Precisamente con el comezamos a nosa emisión. Tamén queremos falar con algunha das persoas que compoñen o xurado do Certame de Poesía "Rosalía de Castro" de Cornellà, conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente Xosé, na Baixa Limia. Dedicarémoslle uns minutiños a Berrogüetto (seguro que falaremos con algún dos seus compoñentes, a´si nolo prometeu Bea) e tentaremos falar tamén con Xurxo M.G. que ven de publicar un libriño moi interesante, sobre a figura de Luís Soto, Todo elo adubiado con música e novidades que nos chegan á redacción.
Precisamente a nosa primeira conversa é con PURA SALCEDA, que despois da introducción pásanos a Miguel Anxo Fernán Bello, Presidente do Xurado de este ano.


De seguido conectamos con Suíza, que é onde se atopa o grupo Berrogüetto, e falamos con Isaac, que está subindo ao avión que os transporte de retorno a Galicia, despois do concerto que fixeron aló. Agradecémoslle a súa disposición, e aínda que tan só foron uns minutiños quedamos encantados coa súa participación e prometémonos conectármonos noutra ocasión con máis calma e menos comprometedora.



A seguir, comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia, e falamos con Xosé. A nosa conversa-tertulia, desta hecha xira ao redor do 25 aniversario deste premio poético Rosalía de Castro. A verdade é que paga a pena relembrar a importancia deste evento que a nivel mundial coidamos que é único...



Facemos un pequeno percorrido polas diferentes noticias e novidades que nos chegan á Redacción e comentamos un bocadiño alguna delas. Nesta ocasión non poderemos conectar con Xulio Simón, que tiña un compromiso xa pactado para estas datas no Cebreiro. A semana que ven seguro que o voltaremos a ter,


Por último chamamos a Galicia e poñémonos en contacto con XURXO MARTÍNEZ GONZÁLEZ, membro da "Nave das Ideas", pero que hoxe non nos falará da Nave, senón do libro que acaba de publicar recentemente, que é unha biografía moi pormenorizada de Luís Soto:A xeira pola unidade galega. Agradecémoslle a súa colaboración, felicitámolo e desexámoslle moitos éxitos.


E despedimos o programa ata o vindeiro sábado que tentaremos facerlles pasar dúas horiñas agradables e entretidos, con música, novidades, actividades e a participación dos nosos colaboradores habituais.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...