luns, 2 de maio de 2011

Programa do 30 de abril 2011


Encetamos este programa especial de celebración dos "25 anos do Sempre en Galicia" co estudio cheo de acompañantes, amigos, colaboradores e antigos Directores deste noso programa, a saber: don Antonio Díaz, Director da revista Lúa Nova e Vicepresidente da A.C.G.Rosalía de Castro; don Jose Manuel Parrado, Regidor Delegado de Acción Comunitaria y Deportes da cidade de Cornellà; don Emilio Luís López e Josefina González, Directores que foron deste programa en épocas anteriores. Dámoslles a ben-vida e comezamos, coma sempre, cunha peza de música tradicional galega.



Deseguida se incorporan á nosa tertulia-charla-coloquio-celebración outras persoas que queren participar connosco desde Aniversario: dona Mireia Navarro, Directora de Radio Cornellà, don Alfonso Rico, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, dona Amparo Centeno..., e facemos a primeira conexión-comunicación con Galicia, para falarmos con outro colaborador asíduo e moi vinculado con esta nosa Radio: Kike Fernández.


Novamente comunicámonos con Galicia; nesta ocasión para falar co noso colaborador semanal Xulio Simón. Intercambiamos impresións entre todos e saudámolo cordialmente.


Unha sorpresa inesperada e moi gorentosa é a comunicación con Armando Fernández, un dos máis antigos comunicadores de radio en Galego nas emisoras de Cataluña. Foi o primeiro, xunto con Paquita, en Radio Florida - de Hospitalet -, os que puxeron en marcha esta xeira de comunicación en galego. Fálanos dende Padrón, que está coas festas de "A Pascua" e pasamos a ter unha cálida e agarimosa conversa con Masito Beiró, un antigo colaborador moi aprezado por todos nós e moi especialmente pola nosa audiencia. Posiblemente voltemos a retomar as antigas conversas e crónicas que nos facía en tempos atrás.


A ultima conexión é co Sr.Alcalde de Lobios, don Xosé Lamela, que foi anteriormente Director deste programa, e ponnos en contacto con don Domingo Glez Lopo e Xan Leira, Catedrático de Historia e Productor, Realizador, EScritor e Director de Cine, respectivamente, que nos fan unha pequena síntese do que estaban a celebrar na Aula de Cultura dese Concello: A emigración galega desa zona a Lisboa. Un interesantísimo tema que nos prometen traguer aquí, a Cataluña, para un mellor coñecemento e disfrute.


Despedímonos ata a vindeira semana, desexando que volten a escoitarnos, xa que tentaremos de finalizar esta tarefa de "Celebración do noso 25 Aniversario", coa participación doutras personar que pasaron por este programa e seguiremos a agasallar aos nosos oíntes coa entrega dos reloxos que aínda nos queden.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...