domingo, 15 de maio de 2011

14 de maio do 2011

Xulio Costa e Armando, nos estudios
Visita de ARMANDO e XULIO COSTA

Comezamos este novo programa de hoxe coa presenza-visita de Xulio Costa e Armando ao noso estudio. Agradecémoslle a súa participación e falamos con eles de diferentes cousas que suceden no noso entorno. Damos cumprida información da interesante Conferencia que se desenvolverá no "Saló de Cent" do Concello de Barcelona, e que será impartida polo noso amigo XESÚS RÁBADE PAREDES, e que leva por título: "Galicia na voz dos poetas", con lecturas de poemas en galego e catalán de Lois Pereiro, por HELENA VILLAR JANEIRO, MANOEL CARRETE e PURA SALCEDA. Acompañamento musical con zanfona (viola de roda) de Xaime Rivas Dacosta. Tamén damos lectura a algunhas das novidades que nos chegan á nosa redacción, así como convidamos aos nosos oíntes a participaren connosco nesta emisión de hoxe. Se os queredes escoitar premede a continuación:

A segunda parte (por chamala dalgún xeito) empregámola falando doutras cousas relacionadas coa nosa Cultura, coa participación de Lucía Pérez (unha galega que será a representante de España no Festival de Eurovisión deste ano en Dusseldorf-Alemaña) a quen lle desexamos moitos éxitos. Xa é un bo éxito o xeito de participar neste magno festival que, segundo os medios seica será escoitado e contemplado por máis de 150 millóns de persoas. Unha boa publicidade para esta moza galega, que segundo di Armando vai vestida con "moda galega". Xulio proponnos falar con seu sobriño Juan Manuel, encargado do Restaurante "Sanatorio Monte Aloia" en Vigo. Tentámolo, pero non é posible conectar con Galicia. Tampouco contaremos, no día de hoxe, coa participación de Xulio Simón, que se atopa de viaxe. Ademais temos que rematar o programa cunha hora de adianto por mor de que será retransmitido outro partido do "Basquet Cornellà". Desexamos que todo decorra con ben para eses deportistas. Ata a semana que ven, que voltaremos a estar con vostedes.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...