Comezamos facendo un pequeno avance das nosas pretensións para estas dúas horiñas de radio en galego. Animamos aos nosos seguidores a que se sumen ás nosas propostas de emisión, a pesares da competencia (hoxe xoga o C.D.Málaga contra o C.F.Barça). Teremos na emisión de hoxe, ademais de moitas informacións, conversas con Pilar Carracelas, Rafael Paz e como cada fin de semana con Xulio Simón en Galicia.
Despois do relatorio informativo, no que falamos do "VIII Festival de CANS (Porriño)", da sétima edición de TRABALLANDO EN LINGUA que se celebrará en Carballo, que o filólogo Ramón Lorenzo ben de gañar o Premio Trasalba 2011, de que o Instituto da Lingua celebra o seu 40 aniversario na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago, e doutras noticias máis, poñémonos en contacto con PILAR CARRACELAS, que estivo, xunto con David, á fronte deste noso programa perante un tempo e fálanos da súa experiencia como tal. Dámoslle-las gracias pola súa atención.

Na segunda hora poñémonos en contacto con XULIO SIMÓN, coma case sempre, e fainos unha síntese dalgunhas das cousas escollidas por el para esta fin de semana, e remata a súa intervención coa lectura dun poema do poeta homenaxeado este ano nas letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO.
Desexamos que volvan a conectar con nosoutros na próxima semana, que tentaremos facelo, cando menos, igoal ou mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario