luns, 19 de abril de 2010

Programa do 17 de abril do 2010

Outra fin de semana máis coa nosa emisión de radio en galego. Comezamos coa compaña de Antonio Díaz que nos ven a notificar a realización dalgunha das "Festas Galegas" que xa comezan a celebrarse no noso entorno: A da Cova da Serpe para os días 23,24 e 25, onde participará o Grupo da A.C.G.Rosalía de Castro, e a de Santa Coloma de Grammanet, os días 30 de abril, 1 e 2 de maio. Como particularidade amósanos, na revista que nos trae, unha serie de menús con precios moi axeitados para que todos poidan degustar os manxares galegos.

A primeira comunicación con Galicia é para entrevistarmos, máis ben falar e felicitar ao noso amigo ANTONIO DACUÑA, o productor de "Queixos do Xurés" que ben de ser distinguido como "EXPERIENCIA EXEMPLAR no 2010, polo seu proxecto de producción ecolóxica, pola Fundación Rodríguez de la Fuente. Aproveitando esta ocasión volvemos a recibir, da súa parte, o agasallo de varios LOTES de Queixos do Xurés para podermos sortealos no noso Concurso da Radio. ¡Moitas Grazas!


A seguinte comunicación é con Daniel Arza González, de CAURELOR, productos artesanais do Courel. Ofrécenos unha visión do seu traballo artesanal e dos seus productos, relacionados fundamentalmente coas castañas, e que podemos ver na súa páxina web: www.castanasdocaourel.com.
Prométenos visitarnos e participar na nosa Festa Galega de Can Mercader para o vindeiro nao 2011, namentres, para irmos facéndonos "boca" envíanos dous LOTES dos seus productos para que os sumemos aos premios do noso Sorteo da Radio. ¡Moitas Grazas!,

Despois de escoitar unha peza de música poñémonos en contacto con NIEVES, unha das responsables do MIRADOR DA RIBEIRA, Casa Rural de Viana do Bolo, quen nos pon ao corrente das bondades que se poden disfrutar achegándose á súa Casa. A Semana Santa pasada tiveron unha ocupación completa. Actualmente están a ter unha boa demanda e ofrécenos a posibilidade de podermos achegarnos á súa estancia por módicos prezos. Tamén nos agasalla cunha fin de semana para dúas persoas na súa Vivenda Rural, ao igoal ca o ano pasado, para que poidamos sortealos no noso Concurso da Radio. ¡Moitas Grazas!,


Outra comunicación telefónica, esta vez co Presidente da Mancomunidade AROUSA NORTE.es, don ISAAC MACEIRAS, quen nos atende amablemente e informa aos nosos oíntes das bondades que ofrecen ese BONOS GASTRONÓMICOS e BONOS RURAIS, que veñen de poñer en marcha non hai moito tempo. Fainos un pequeno percorrido pola zona a Arousa e tamén nos agasalla con dous Bonos que poderemos sortear no noso Concurso da Radio. ¡Moitas Grazas!.


Non facemos máis que recibir unha chea de agasallos e aportacións. A Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro, cumple 30 anos de existencia e queremos agasallar a tódolos nosos socios, simpatizantes, colaboradores e participantes nas nosas actividades con todos estes presentes que nos veñen ofrecendo desinteresadamente eses promotores. Vaia por diante, primeiro, o noso recoñecemento e gratitude inmensa pola súa aportación. Sentímonos moi ledos e recoñecidos cando comprobamos que temos moitos amigos que nos axudan a levar adiante esta inquedanza: A emisión do programa en galego Sempre en Galicia. Non nos cansaremos de repetirlle-lo: Graciñas, en nome de todos os que formamos este equipo. Esto anímanos a seguirmos nesta teima e prometémolles continuar.

A continuacion damos lectura a unhas poucas notificacións e informacións que nos chegan á nosa redacción, acompañadas dalgunhas pezas de música galega actual, que veñen de ser publicadas recentemente: Tirán, de Anxo Lorenzo; Kosmogonías de Berrogüetto... ...,


Novamente conectamos con Galicia e recibimos a sempre agradable conversa con Paco Ribas, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos deleita coa declamación e lectura dalgunha das súas creaións poéticas.


E por último, gracias ao noso colaborador Xulio Simón, conectamos con Fran Rey, responsable da plataforma "Queremos Galego" que nos informa do "Concertazo contra o Decretazo" que se está a celebrar no Recinto Ferial de Pontevedra. Unha ocasión única para poder disfrutar escoitando a máis de 15 grupos de música galega, entre os que se atopan: Fía na Roca, Fuxan os Ventos, Espido, García MC, Ruxe Ruxe, Uxía, Berrogüetto, Luar na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os Tres Trebóns y, por último, Lamatumbá... ...,


E así fomos facendo este programa. A vindeira semana máis, cando menos, igoal.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...