sábado, 10 de abril de 2010

Programa do 1o de abril do 2010




Comezamos dándolles a ben-vida e adiantándolles o que temos previsto facer nestas dúas horiñas de Radio en galego: Informacións varias que nos chegan de Galicia; conversa cun dos responsables do Museo Etnográfico de Quiroga (Lugo); charla con Manoel Carrete, para que nos informe das actividades previstas pola Irmandade Galega de Rubí; comunicación telefónica con Lugo, para falar con Xulio Simón; tentaremos falar tamén con Carmen, a responsable da Casa Rural "Xanela da Lúa"; entrevista ao noso amigo e colaborador Xosé Lamela e agardamos a visita dalgúns dos compoñentes do Grupo da A.C.G.Rosalía de Castro. Poremos música "novísima" que nos acaba de chegar á redacción, de Berrogüetto (Kosmogonías) e un video-clip de Xil Ríos, que nos mandaron dende Pai Música... e tornaremos a escoitar o disco de Anxo Lorenzo: TIRÁN.


A primeira comunicación-conversa é co Sr.AGAPITO, un dos responsables, como dixemos denantes, do Museo Etnográfico de QUIROGA, que nos fai un breve percorrido polas dependencias do Museo e achéganos as moitas cousas que alí se poden ademirar, entre as que destacamos as diferentes rodas de carros que donaron moitos dos habitantes da zona. Tamén nos fala das ferramentas antigas que se empregaban en diferentes oficios, agora esquecidos; da exposición dun auto fabricado enteiramente en Quiroga por a persoa que o donou ao Museo: de madeira e de metal...
Intervén Manoel Carrete, que nos pon ao corrente de moitas cousas que fan que ese Museo sexa unha parte "viva" do Concello, xa que alí non só se amosan os instrumentos e ferramentas antigas, senón que tamén se fan servir para realizar algunhas das actividades, como aconteceu na celebración da Festa do Viño de Quiroga, que se puxo en marcha un dos teares restaurados no Museo...
Informa aos oíntes das próximas celebracións e actos que se realizarán na Irmandade Galega de Rubí, e convídanos a participarmos.

A continuación recibimos no estudio a: Lucía, Abel, Uxía, Miriam, Victor, David e Pepe, compoñentes do Grupo da A.C.G.Rosalía de Castro, e a primeira peza que nos interpretan é: Muiñeira de Piornedo.


Seguimos a falar con eles e con CARMEN, responsable e Directora da Casa Rural: XANELA DA LÚA, unha fermosísima casa que convida a visitar, situada en LIRA (Carnota) e que aproveitando que estamos a cumplir 25 anos de existencia na nosa emisión de RADIO en galego, envíanos un agasallo:
Unha Fin de semana na súa casa. Convertirémolo nun sorteo que se fará un dos tres días da Festa de CAN MERCADER (4,5 e 6 de xuño). Todos aqueles que envíen un correo ao noso BLOG, ou que chamen á nosa Radio para interesarse polo asunto recibirán un número, que será o que lles servirá para participaren no SORTEO-CONCURSO. Así que xa o sabedes: a chamar e a enviar correos para dispoñer de números suficientes para que poidades beneficiarvos dese agasallo tan extraordinario.


Unha nova peza de música interpretada polos nosos visitantes. Seguimos a falar un chisco con eles e conectamos con Galicia para falar con Xulio Simón, que nos fai unha síntese das súas noticias e comunicacións.

Despois conectamos con Xosé Lamela, para interesarnos pola Solicitude que lle enviaron ao Sr.Conselleiro da Xunta para acadar que o Camiño de San Rosendo sexa unha parte máis do Camiño da Prata Xacobeo. Farase unha andaina, o día 16 de abril, dende a Portela do Homen, na que teñen previsto participar moitas persoas dos 11 Concellos que enviaron esa solicitude á Xunta de Galicia.

Rematamos o programa tentando falar con Lucía (a nosa presentadora de radio máis cativa de todas -con 4 aniños- que nos axuda a despedir o programa de hoxe dedicándolle a ultima peza ás súas avós: Carmen.


Desexamos voltar a tervos de oíntes a vindeira semana outra vez.
Graciñas por estardes ahí e ate a vindeira semana.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Son Ramiro Landeira, quero un número para o sorteo

GALEGOS EN CATALUÑA dixo...

Ola, son Antonio Díaz, quero número para o sorteo do 24 aniversario do programa.
Unha aperta.

GALEGOS EN CATALUÑA dixo...

Son Amparo, dademe un nomero para o sorteo do 24 aniversario.
Feledidades.
Un Bico

semprengalicia@gmail.com dixo...

Ola Ramiro, Antonio e Amparo.
Gracias por participares no noso "Sorteo-Concurso".
Os vosos número, que entran xa na lista de participantes:
Ramiro Landeira : nº 23
Antonio Díaz : nº 24
Amparo Centeno : nº 25

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...