domingo, 28 de xuño de 2009

Programa do 27 de XUÑO do 2009

Ultimo programa desta tempada.


Denantes de nada aquí tedes os números e os agraciados finais do Concurso:

nº 014. Vicente Maza. "Hotel-Spa Santa Mariña da Ponte"
nº 010. Ceip. Coirón. "Xanela da Lúa".
nº 004. Chousa de Alcandra. "Mirador da Ribeira".
nº 027. Artabria. "Hotel Vila de Viana.
nº 093. Eva C.Grande. "Hotel O Retorno".
nº 048. Serxio Seoane. "V.R. Rosalía".
nº 019. Carlos Sousa. "V.R. A Nosa Casa-Restaurante".

¡¡¡ MOITA SORTE A TODOS ELES !!!

Comezmos o programa dando a coñecer as propostas para estas dúas horiñas de radio en galegio dándolle a ben-vida a Antonio Díaz, colaborador, corresponsal de Galicia no Mundo e Director da revista "Lúa Nova". A primeira peza de música pertence ao ultimo disco de Carlos Núñez, así como un corte coas súas verbas falando do seu disco: "Alborada de Brasil".
A nosa primeira comunicación é con Toñi, a responsable do "Hotel O Retorno", de Viana do Bolo, a quen lle agradecemos a súa aportación e participación no noso 1º Concurso-Sorteo con motivo do 23 aniversario da emisión de "Sempre en Galicia", unha charla amena que aproveita para convidar á nosa audiencia a que se acheguen a aquelas terras para descansar.

Proseguimos a mantemos unha nova comunicación con Xosé Carlos, tamén colaborador e responsable da Asociación Rosalía de Castro, que nos fai un pequeno balanzo desta tempada e prométenos continuar nesta teima de traballar polas "nosas cousas" e con máis azos na vindeira tempada.

A seguinte comunicación é con Puri, unha das responsables do "Mirador da Ribeira", outra Vivenda Rural que colaborou connosco no mentado Concurso-Sorteo de Sempre en Galicia. Agradecémoslle a súa participación e mantemos unha breve conversa na que nos informa das moitas e boas cousas que se poden degustar na súa Vivenda Rural. Tamén nos convida a irmos por alí.

Comunicámonos con Ernesto Lagarón, Presidente da Asociación Cultural Galega "Saudade" que nos informa da fusión quese vai realizar en breves momentos, na sede desa Asociación, entre "O Penedo-Fogar Galego" e "Saudade". Paga a pena escoitar as súas explicacións e motivos polos que se levará a cabo a realización deste acto tan importante.

Na segunda hora, como cada semana, conectamos con Galicia, concretamente con Xulio Simón, o noso corresponsal oficial, e despois de darnos a primicia de que a Torre de Hércules ben de ser declarada como "Ptrimonio da Humanidade", mantemos unha pequena conversa na nos envía desexhos de benestar e unhas boas vacacións para tódolos oíntes, así como o convite de que calquera que se achegue a Galicia e desexe comer farturento e barato, que tome nota dos seguintes Restaurantes:
Monolo "O Raxo", na Coruña; O Churrasco de Ouro en "A Gudiña" (Ourense); "O Gancho", en Silleda e Cándida Vello en Muras. Todos cun menú popular de menos de 12 Euros cadanseu.

Novamente comunicación con Galicia, nesta caso con "Suso da Baixa Limia", que nos pon en antecedentes sobre un acto que se está a preparar para realizar concretamente o día 26 de xullo, no que se lle fará unha homenaxe a don Xosé Luís Mendez Ferrín, con motivo dunha andaina que se desenrolará naquelas terras de Arraianos. Quedou en enviarnos máis información cando estea xa rematado o calendario final. Desexámoslle moitos éxitos a esa iniciativa.

Proseguimos o noso percorrido coa chamada a Xosé Lois, de Chousa de Alcandra, que nos axudou na elaboración do Concurso-Sorteo de "Sempre en Galicia". Míra tí como son as cousas, que un dos números que saíron premiados correspondeulle a el. Felicitámolo e desexamos que sexa para el unha experiencia agradable. Quedamos en poder vernos por Galicia, aproveitando o nos obrigado desprazamento aló, para repoñer e recargar as "baterías".

A última comunicación deste ano foi con "Xosé Antonio Dacuña", fabricante de "Queixos do Xurés". Toda unha honra telo como colaborador e participante nesa nosa andaina. Sempre lle-lo agradeceremos porque ademais non so ofreceu dous lotes de produtos, senón que fíxolle entrega a cada unha da Vivendas Rurais, dun Queixo do Xurés. ¡Moitas Gracias, X.Antonio! Faremos o posible por corresponderche, na medida das nosas posibilidades, e sempre estaremos ao teu carón. Prometémoslle achegarnos a Vilameá de Riocaldo para visitalo e compartir con el algunha que outra vivencia.

E rematamos o programa e esta tempada, desexando que volvades a estar connosco a partir da primeira quincena de setembro, que voltaremos a estar con todos vosoutros e se nos é posible con novidades, música galega e entrevistas de interese para todos.

¡BOAS VACACIÓNS! para todos.

5 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

Pois sí, moitas felicidades os agraciados. mecajonodemo non me tocou, ¡ e tiña as mesmas oportunidades que os outros! :-)
Pero andívenlle á beiriña: saíu o 04, e eu tiña o 03, iso pasoume por ser tan rápida jajaja

Bueno, pois rematado o conto, quitarei o enlace para o concurso do meu blog, e contade conmigo en próximas ocasións para participar e poñer da miña parte o necesario para espallar a información dentro das miñas posibilidades.

Teño que felicitarvos por o traballo que fixestes e polo entusiasmo e ilusión que demostrastes.

¡a pasalo ben! felices vacacións

Deambulando con Artabria dixo...

Eu tereivos informados sobre o hotel que me tocou a min.

Xa lle escribin un mail o responsable, aínda que non tiven resposta. Igual é que houbo problemas técnicos. Esperarei un par de días e se non, chamarei. Xa me tarda desfrutar das maravillas de Viana....

Deambulando con Artabria dixo...

Por certo, noraboa aos demais premiados. Faime ilusión que estén entre eles, Chousa e Carlos Sousa, que son xa amigos blogueiros.

Síntocho moito Zeltia, enviareiche fotos....jijijiji

Carlos Sousa dixo...

Parece que a min tamen me rondou a sorte un chisco, xa que me tocou un premio, aínda que estou pendente de confirmalo. Noraboa ós premiados, e a Artabria porque lle faga ilusión que lle toque ós amigos blogueiros, aínda que sexa tan pilla e lle mande a Zeltia unhas fotiños de "recochineo". Tranquila, se ó final vou disfrutar da casa, tamén lle mandaren eu unhas, jeje.

Un saúdo.

Chousa da Alcandra dixo...

Se acaso alguén o dudaba, dende a Chousa estamos que nos saímos coa ledicia que tivemos nesta repesca!!!. Agradecemos profundamente a todos os agraciados na primeira volta que non poideran tomar posesión dos seus premios, xa que así tivemos unha nova oportunidade.
Eu tamén farei fotos en Viana. A ver se se poden publicar...

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...