sábado, 20 de xuño de 2009

Programa do 20 de xuño 2009

Comezamos o programa de hoxe cunha peza de música galega tradicional: A muiñeira de Chantada, pero interpretada coa guitarra e adiantámoslle aos nosos oíntes tódolos acontecementos que desexamos levar adiante nestas dúas horiñas de Radio en Galego. Primeiro damos a coñecer algunhas das noticias que nos chegan á nosa Redacción e deseguida conectamos coa directora do grupo de Teatro "Anduriña", da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro", que foi agraciada cunha fin de semana gratuíta nunha das Casas Rurais sorteadas a fin de semana pasada, dona AMELIA LÓPEZ, e que nos dice que non poderá aceptar tal agasallo por mor de certos inconvenientes familiares, así que tedes que estar atentos tódolos participantes, xa que temos que extraer VARIOS números dos que non resultaron agraciados para pode disfrutar deses premios.

A segunda comunicación-entrevista é con XURXO Cerdeira Louro, Historiador do Concello de Vedra, que nos fai un pormenorizado percorrido da súa investigación e traballo sobre a Emigración galega do seu concello a América, e adiántanos algunhas das cousas que se están a preparar para conmemorar o CENTENARIO dese acontecemento en VEDRA, así como a Exposición que teñen en Mollet del Vallés, convidados pola Irmandade Galega. A verdade é que paga a pena escoitalo e prometémoslle voltar a conectar con el, a medida que se vaian sucedendo acontecementos ao redor deste evento tan importante.

Continuamos a nosa emisión e falamos agora con XULIO SIMÓN, como cada semana, deleitándonos coa súa intervención falándonos de Benedetti, Cortazar, publicacións e libros recomendados para todos nós. Remata cunha cita de Castelao referida ao Gaiteiro de Soutelo de Montes e nós, regalámoslle a tódolos oíntes a escoita dunha peza de música, en primicia, do ultimo albume de Carlos Núñez -que se titula "Alborada de Brasil"), e que podedes escoitar ao final da súa intervención. Unha regalía para todos, como remata dicindo Xulio.

A seguir conectamos con Cándido Meixide, o responsable da Colección Multimedia de Edición do Cumio que nos pon en antecedentes sobre unha publicación interesantísima referida ao Gaiteiro de Catoira: Agustín Lorenzo Loroño, que tivo lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida García Barbón nº5 de Vigo, e na que estiveron o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai, e o propio Cándido. Prometeunos enviar ese traballo para que poidamos escoitalo no noso programa. Temos que agradecerlle a súa deferencia e estima ao facernos partícipes desta novidade, xa que somos os primeiros que o publicamos en Cataluña.

A ultima intervención-conversa-entrevista é con MATIAS, o responsable do "Hotel Vila de Viana", un dos promotores do Concurso-Sorteo da nosa Radio. Agradecémoslle a súa oferta e participación e fainos unha pormenorizada descrición do seu establecemento e das posibilidades que ofrece aos seus clientes na súa casa, incidindo na decoración persoal do seu recinto e na colección de reloxos que posúe. Convídanos a que probemos e que despois opinemos sobre a estancia no seu hoteliño, que está catalogado cunha estrela, pero que ten un servicio de 4 ou cinco estrelas. Agradecémosllo e prometemos voltar a falar con el en videiros programas.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...