martes, 24 de febreiro de 2009
O "trasteo" de Chousa e de outros 3
Ola Outra vez:
Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFICIAL dos VIANOS DE MEL, que ofrecemos a tódolos que se apunten. Foi "Chousa de Alcandra" :
quen me dixo cómo facelo, e que teremos o vindeiro sábado no programa de "Sempre en Galicia", e que nos falará desta iniciativa tan interesante e que desexamos teña unha repercusión importante.
Aquí tedes unha foto do tarro de bombóns.
Tedes que enviar a vosa solicitude ao correo do blog: semprengalicia@gmail.com
Eu procurarei facervos chegar o número, tal e como me explicou "Chousa".
Mirade como vai a cousa no seguinte enderezo: http://chousadaalcandra.blogspot.com/2009/01/trasteo.html
Tamén podedes enterarvos mellor nestoutro blog:
http://oblodelm.blogspot.com/2009/01/meme-do-traste-galego.html
Un saúdo cordial a todos os que participades.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
34 comentarios:
Pois tan axiña como me foi posible, veño na procura dese meu número para os VIANOS!.
Ti xa tés tamén adxudicando un número no meu blog para o sorteo do pan de Antas co queixo da Ulloa.
Apertas!
Cecais non me expliquei ben de todo; pero os números que che pidan para o teu sorteo poden facelo nun comment neste mesmo post, sin necesidade de enviarche un correo.
En todo caso como xa o puxeches, se agora recibes algún solicitándoo, ti mesmo o podes ir facendo público re-comentando aquí mesmo
Moita sorte, e xa estamos en contacto.
Ola Chousa:
Xa tes adxudicado o número 1 para o sorteo dos VIANOS.
Sorte e a ver cantos se "enganchan" a esta andaina tan xeitosa.
Eu quero o meu número, por suposto! ;-) E xa faréi circular iste sorteo entre as amistades pra ver se animanse ;-)
Por certo, non me queda min moi claro como vai as costas de envio do regalo en caso de que toque. ¿E si se apunta un galego de Singapur? ¡Ai como chegarán os Vianos! ;-)
Un bico!
Boa pregunta Ignacio!.
Pois, nese caso...hai que joderse e pandar coa leria jajaja.
O certo é que esta proposta naceu precisamente para demostrar -entre outras cousas- que non todo o poden mover os cartos; e que cada persoa tamén pode dar a coñecer un produto da sua terra asumindo o custe do propio produto e tamén o envio. Cajonatós, a min molaríame ter que enviar un pan de Antas e un queixo da Ulloa a Melbourne!!!.
Anímate a participar ti tamén. Veña, que ainda queda tempo.
Unha aperta dende a Chousa.
Pois ten razón o "rapás", pero como ti dis, Chousa: NON TODO O MOVE O DIÑEIRO, e como somos galegos somos capaces de demostrar que o produto chega alí onde no-lo propoñamos.
Ignacio, tes o número 2
Moi ben!
Eu como teño de catalán (máis ou menos) o que teño de galego, o primeiro que pensei foron os costes ;-) (la pela es la pela, nen).
Enton, entendo que xa podo facer spam e darlle a coñecer a xente os vosos sorteos.
Por certo, moi boa idea ista de publicitar sorteos con algunhas das delicias galegas.
Un abrazo e que vaia todo moi ben!
Ei, eu tamen quero un numeriño dos vosos....xa vin que estabades apuntados no meu blog,...asi que cambiamos queiso por vianos de mel...
¿COmo ides nas ondas desde Cornella...en Galego..?
Moi boas:
Solicito número e confirmo que o número pedido para a empanada de croques do meu blog é o 20.
Paso agora a poñerme en contacto con vostedes via mail para o que diciades en tratar.
Unha aperta.
pois eu também quero número! que nom conehcia os vianos e quedei intrigada... como diz chousa a mim também nom me importaria enviar um produto a mozambique... se os de gadis chegaram a nova iorque por que nós nom?
beijos
p.s: com o vosso permisso vou linkar este post porque me parece uma ideia fantástica isto do galego nas catalunhas!
Por certo, estiven intentando localizar o voso correo electronico para mandarvos o meu telefono de contacto, pero non o atopei, asi que si queredes o meu e
med015283@yahoo.es
mandarme un emilio e prometo contestarvos co meu telefono.
Eu tamén quero,a mín as larpeiradas pérdenme e si queredes percebes "mollade o cú por eles".
saúdos.
Pois quero un número, sen dubida.
Madareiche o correo asi teño a confirmación.
Ti xa tes o teu na Caja de los Hilos.
Sorte e saúdos
Non pensei que esto me "estresara" tanto como me está a estresar. A verdade é que maxinaba ter tan só dous ou tres correos e contestalos para intercambiar informacións e inquedanazas, pero xa vexo que esto vai moi en serio en moito máis alá. Paréceme ben e estou disposto a traballar para que saia ben.
Terei que facer un listado cos números que dou e cos números que me asignan.
Graciñas a tódolos que me atendedes.
Mañá publicarei o listado cos números que entreguei, polo dagor, claro. E se vanchegando máis voltarei a facer unha lista nova, coas incorporacións que vaian vindo.
Saúdos moi cordiais
Para SOLE:
Tes adxudicado o Nº 7.
Agardo que sexa un número gañador.
Recolleréi o meu no blo ue me indicas.
Graciñas e sorte.
Oa pe do Farelo:
Tes o numero 3
Agardo enviarche algunha información máis, denantes de rematar o día...
Estou algo atarefado con outras cousas, pero penso enviarche un correo como ti me solicitas.
Apertas saudosas
Eu tamén quero número, se aínda se pode. Se queredes, pasade polo vos:
http://vera-artabria.blogspot.com/2009/01/meme-do-traste-galego.html
Nin de broma me perdo eu un sorteo de lamboadas !
Dádesme un numeriño ? ¡ Graciassss!
Apúntame, por suposto.E para o da radio, o que ti queiras.
Couxil: tés o número 13 para o viño da Ulla, que che advirto que é un pouco acedo, pero só os dous primeiros grolos, despois baixa ben! ;)
e quero un número para eses bombóns! veeeeña que se acaba o conto!
e digo coma Ninsesabe: por aquí ando!
Hola Xulio.
pois eu tamén quero o meu numero. Tendrás que mandarme el premio por encomienda si me sale... bueno, ya veremos a quien se lo dono...
Esto de Internet es increíble... estoy viendo gente que te pide números que "conozco" por leer sus blogs...
Un abrazo. Olga, tu prima desde Buenos Aires
Ola, eu tamén quero un número, a quen non lle gustan os bombóns?
Se queres podes vir a por un no meu blog, sorteo rosquillas de Ponteareas e licor café. Anímate.
Tentarei escoitar a radio o sábado.
Un saúdo.
Por certo, a radio pódese escoitar aquí?
Todo o que ten mel encántame, asi que dame un número para eses vianos.
Tés o número 23 no meu sorteo.
Apertas.
Como haberá alguén que non ten anotado o seu número para o meu sorteo dos VIANOS, volvo a anotalos aquí, para que se vexa a lista competa (polo dagora, xa que aínda me resta por recebir algunha solicitude máis).
Números asignados:
1.Chousa
2.Ignacio
3.Ao Pe do Farelo
4.Manuel Luís
5.L & M
6.Vermella
7.Caja de los Hilos
8.Artabria
9.Zeltia
10.Olga
11.Carlos Sousa
12.Fada das Letras
13.Paco Penas
14.EnMeigada
15.Ninsesabe
16.Raposo
Boa tarde, eu também queria um número para os Vianos!!!
Um grande abraço!!!
Jorge Vicente
Ola, queríache un numeriño para o sorteo de mañá.
Graciñas!
Bueno; será Manuel Lopes (o de Luís ??) ...pero dá igual.
Os números que aínda non tiña publicados:
Jorge Vicente: nº 17
Quenindiola: nº 18
Estade atentos este serán, de 18 a 29h que sortearemos os VIANOS, dende a emisión en directo no noso programa SEMPRE EN GALICIA.
Aínda podo dar algún numeriño máis, pero pecho o cupo ás 14h.
¡SORTE A TODOS/AS!
Xa sabedes que o nº agraciado do sorteo dos VIANOS foi para onº 18, correspondente a QUININDIOLA.
Felicitacións.
Podedes continuar enviando mensaxes.
Gracias por participar
Parabéns a Quenindiola, que veu a demostrar ben ás claras aquelo de que os últimos serán os primeiros; neste caso ainda que non fose no reino dos ceos vai ser en poder paladear eses bombonciños que teñen unha pinta macanuda!.
Foi todo un pracer participar no voso programa; que non podemos máis que felicitarvos pola labor magnífica de facer Galicia dese xeito tan magnífico e patente que facedes.
Xa sabedes onde estamos e como contactar. Calquera proposta na que poidamos colaborar, contade con nos.
Graciñas por todo.
Unha aperta
Moitas gracias a todos.
Foi todo un pracer disfrutar coa vosa compaña.
Agora estou á espera de coñecer o enderezo de "quenindiola" para enviarlle o agasallo.
Teremos que continuar cos nosos contactos e tentar facer algo máis grande ou doutro xeito que nos siga facendo ilusión e que nos contente a todos e cumpra coas nosas inquedanzas.
Agardo as vosas informacións ou comunicacións para que me poida poñer en contacto coa persoa responsable que anunciéi pola radio para que nos faga o precio correspondente e axeitado a tódolos envío que temos que facer.
Apertas a todos.
Eu tamén pedira un número o día 25 de Febreiro, podes comprobalo un pouco máis arriba, pero vexo que non me asignache ningún :-((
De todas formas, felicito ao amigo Quenindiola, a quen envexo pola súa sorte ;-)e lle mando un saudiño
Cuspedepita:
Coido que non tiven ocasión de asignarche un número na lista que confeccionei. O día 25 tiñas solicitado o teu número e eu publiquei tódolos números das persoas que o tiñan solicitado. No día 28, o do sorteo, colocáronse tódolos números xunto co nome dos asignados e seguro que o 19 (correspondente a Cuspedepita) quedouse no fondo da caixiña e non o fixemos constar na numeración definitiva. Sentímolo moito, pero prometemos compensar este erro tan axiña como poidamos. Facilitarasnos un enderezo???
Graciñas e saúdos.
Publicar un comentario